Skip to Content

Con-vive

Con-vive

con-vive

 

Dentro das actuacións de CON-VIVE, dende o Ceip Plurilingüe de Outes temos varias propostas en marcha.

Unha delas son as organizadas polo Equipo de Convivencia, que dinamiza distintas actuacións que axudan a mellorar a convivencia no centro e a impulsar valores como a solidariedade, a igualdade, a empatía, o respecto,... Valores dos que partimos no día a día e que tamén se fomentan a través da organización de distintas actividades ao longo do curso escolar: no día da Paz, día Internacional da Muller, día contra a Violencia de Xénero, entre outros...

Ademais, durante este curso escolar impúlsase ao alumnado para que participe nas tomas de decisións no noso centro educativo a través da creación do Consello da Infancia.

 

consello infancia

 

Outra das actuacións que se levan a cabo dentro deste programa é mellorar o patio da escola e que este sexa un espazo máis de aprendizaxe onde as nenas e nenos, en contacto coa natureza, melloren as súas condicións físicas, psicolóxicas e os seus sentimentos de empatía e coñecemento do medio natural.

 

Como ben di Freire no seu libro “ Patios Vivos”,  reutilizar os patios non se trata só de redecorar a escola senón de “ vinculalos profundamente cos seus territorios, abrilos aos seus entornos para que acollan a biodiversidade. As nenas e nenos aprenden a convivir con outras especies e a construír comunidade dende o coidado mutuo e a solidaridade”.

 

 

patios

 

Distribuir contido


by Dr. Radut