Skip to Content

Inicio curso 2021/2022

Bo día familias,

Neste primeiro día de clase dende a Anpa Río Tines queremos trasladarvos información sobre a asociación, sobre como asociarvos e sobre algunhas das actividades que proxectamos desenvolver durante este curso escolar. Achegámosvos un tríptico informativo que recolle toda esta información, así como unha infografía na que se explican as actividades a desenvolver cos prezos, días e grupo necesario para que se leve a cabo. Dadas as circunstancias debemos fomentar o uso de medios electrónicos para comunicarnos así que para que vos resulte máis sinxelo podedes inscribirvos ás actividades extraescolares a través do seguinte formulario: https://forms.gle/2ZLP25ZxHJjMQjYi7

Gustaríanos contar co voso apoio e agardamos poder traballar xuntos. 

Desexándovos un moi feliz inicio de curso 2021/2022, recibide un afectuoso saúdo:

 

Directiva Anpa Río Tines

AdxuntoTamaño
TrípticoExtraescolares.pdf177.32 KB
Infografía.jpg257.51 KB


page | by Dr. Radut