Skip to Content

Educación física

Xornada de convivencia e xogos populares, tradicionais e autóctonos co alumnado e parte do profesorado de 1º e 2º de E.P no noso centro

O pasado martes, 17 de abril, os nenos/as e parte dos profesores/as de 1º e 2º niveis de E.Primaria dos dous centros públicos de Noia, o C.E.I.P Alexandre Rodríguez Cadarso (A Barquiña) e o C.E.I.P Felipe de Castro (Bergondo), do C.P.I Cernadas de Castro (Lousame) e do noso propio centro, levamos a cabo unha xornada de convivencia con xogos populares, tradicionais e autóctonos nas instalacións do noso colexio.

Para os de Lousame era a primeira vez e, afortunadamente pola parte que me toca, parece ser que se foron moi contentos...

A xornada transcurriu sen incidencias e nenos/as, así coma mestres e mestras, gozamos das diferentes estacións de xogos, baile, obradoiro de harmónicas e contacontos canto puidemos e tamén da compañía doutros nenos/as e mestres/as, que só vemos neste tipo de actividades ou noutras semellantes...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                                                       Deica ao vindeiro cursooo !!!

Fase Provincial de Campo a través en Culleredo

Nunha mañá chuviosa, do pasado mes de febreiro, Juan (Benxamín de 3ºA) representou ao centro, nen máis nen menos que na Fase Provincial de Campo a través. Acompañouno a súa profesora de E.Física, quen tratou en todo momento de que se sentira seguro e satisfeito, pois faltáballe o apoio do resto do equipo, que non lograra clasificarse e das amizades. Acadou unha posición bastante boa, chegando á meta polo medio...                                                                 

                                                                                

 

                                                        Parabéns polo teu esforzo, campión !!!

Fase intercomarcal de Campo a través no Estadio de San Lázaro (Noia)

O pasado.... levouse a cabo a Fase intercomarcal de Campo a través no Estadio municipal de San Lázaro (Noia). Nesta ocasión, en dita fase representaron ao centro dous equipos masculinos: o Benxamín e o Alevín, así como un neno da categoría Infantil e unha nena da categoría Benxamín.

De cara á seguinte fase, a Provincial, só logrou clasificarse un neno de 3ºA de E.P.

Unha vez máis, queremos felicitar a todos eles/as por chegar a onde o chegaron  e tamén agradecerlles aos familiares e amizades a súa presenza e apoio. 

 

 

 

 

 

                                                      Moita sorte na Fase provincial, Juan !!! 

Fase comarcal de campo a través no Campamento Xuvenil Virxe do Loreto (Porto do Son), 26 de xaneiro.

O pasado venres, 26 de xaneiro,unha boa morea de nenos e nenas do noso centro competiron na Fase comarcal de campo a través no Campamento Xuvenil Virxe do Loreto (Porto do Son). Ao longo da mañá foron competindo os diferentes equipos femininos e masculinos das distintas categorías nas que podían participar, dende a benxamín á infantil.

Regresamos ao cole arredor das 13:30h moi ledos/as e en posesión de 9 metais, coa mirada posta na seguinte fase, a Intercomarcal...

 

 

 

 

 

 

 

 Noraboa a todos/as e grazas aos familiares e amizades pola vosa presenza e apoio !!!.

 

 

 

 

Semana do trompo

Na semana do 6 ao 10 de novembro celebramos novamente a "Semana do trompo", pois como di o refraneiro  popular galego: "Polo San Martiño trompos ao camiño"...

Por esta razón, tratouse de fomentar o uso do trompo nos recreos, deixando de lado por uns días outros xogos ou deportes, especialmente o fútbol, sen o que boa parte dos nenos parece non saber vivir.

Con esta actividade o que se pretende é evitar que xogos tan populares e tradicionais antano non se perdan ao caer no esquecemento.

Por suposto, nas clases de E. Física tamén se saiu ao patio para botar a bailar os trompos cos que xa sabían e para que se familiarizasen con eles e empezasen a saber usalos os /as máis noviños/as.

 

 

 

 

 

Celebración do Magosto o venres, 10 de novembro.

O pasado venres, 10 de novembro pola tarde tivo lugar no noso centro a celebración do Magosto. Así, nos días previos, cada aula traballou diferentes aspectos desta festa popular e tamén fixeron os cucuruchos ou adornaron bricks para meter as castañas e os restos destas. 

Xa no propio día, leváronse a cabo diversos xogos populares e xogos con material alternativo. Deste xeito, unha serie de profesores/as encargábanse de explicar os xogos: trompo, corda, chanclas/esquís, paracaídas, ra, relevos de castañas en culleres nas estacións e outros/as de observar e tratar que non houbese incidentes.  

Namentras os xogos transcorrían, Álex e Aniceto, asaban as castañas ...

Logo, a iso das 16:20h empezaron a repartirse castañas  e augas ou zumes (segundo as preferencias do alumnado)  para a súa degustación até ás 16:45h aproximadamente. A continuación, empezaron a retornar ás aulas primeiro os de E. Infantil e despois os de E. Primaria para recoller as cousas e marchar para os seus fogares.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase de toma de contacto coa modalidade de Campo a través no Estadio de San Lázaro (Noia) o 29 de novembro do 2017

O pasado mércores, 29 de novembro, o alumnado que así o desexou (de 2º a 6º de E. Primaria participou na fase de toma de contacto da modalidade de Campo a través de Xogade no Estadio de San Lázaro (Noia).

Alí participaron na competición nenos e nenas de diversos centros educativos e clubs de atletismo da bisbarra das 11h ás 13h aproximadamente.

A xornada transcurriu sen incidencias de importancia e o noso alumnado regresou ao centro contento e cun total de dez metais. Sen lugar a dúbidas, os/as máis ilusionado/as eran os/as rapaces/zas do 2º nivel de E.P., por tratarse da primeira vez que podían participar en tal actividade. 

Un ano máis, contamos co apoio moral de familiares e amizades dos corredores/as e, como non, queremos manifestarlles o noso agradecemento pola súa presenza e colaboración.

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e recoñecemento da contorna do alumnado de 4º nivel de E. Primaria e algúns/has dos seus/súas mestres/as cunha andaina.

O pasado venres, 13 de outubro, o alumnado do 4º nivel de E. Primaria os seus titores/as e a profesora de E. Física levaron a cabo unha xornada de convivencia e recoñecemento da contorna cunha andaina durante a mañá do citado día.

Primeiro visitaron o "Estaleiro, varadoiro Hermanos Abeijón" no Freixo. Alí, amosáronlles as instalacións e déronlles as explicacións pertinentes do traballo que realizan e de como foron mudando as preferencias do material elixido polos armadores á hora de encargar unha embarcación. Na visita, nenos e mestres/as, tiveron a fortuna de poder ver unha embarcación de cada un dos materiais cos que se constrúe na actualidade. Posto que, había unha de cada tipo para reparar: madeira (á que puideron subir), ferro e  poliéster. Por certo que, con respecto á derradeira, levaron unha sorpresa, pois explicáronlles que así como a polilla ataca  á madeira a osmose ataca ao poliéster.

Pero, ademais faláronlles de como fora evolucionando a carpintería de ribeira até chegar á carpintería naval da actualidade e de como, cada vez, teñen máis dificultade para atopar profesionais que sexan capaces de construír unha embarcación do principio ao fin.

Logo, saíron do Freixo camiñando cara a Broña, polo paseo marítimo e, de vez en cando, realizaron pequenas paradas nas que nenos e nenas recibiron información referente: ás pequenas calas polas que ían pasando, ás pontes sobre a ría, a lugares próximos...

Unha vez en Broña, repuxeron enerxías e realizaron algúns xogos para retornar ao centro en torno ás 13:30h.

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de minibasquet, no noso centro, con dous dos adestradores do Club de baloncesto Noia. Xoves, 22 de xuño.

O penúltimo día de clase deste curso, xoves 22 de xuño, o alumnado de 3º a 6º de E.P., que quixo, participou nunhas sesións de adestramento de minibasquet no ximnasio e nunha das pistas exteriores do noso centro. Ditas sesións estiveron a cargo de dous adestradores do Club Baloncesto Noia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de minibasquet en Noia. Venres, 19 de maio.

O pasado venres, 19 de maio, o alumnado de 4º a 6º niveis de E.P., que así o decidiu, asistiu no pavillón do I.E.S San Alberto (Noia) a unha xornada de minibasquet. Tal   actividade foi organizada polo Club de baloncesto Noia e nela, ademais do noso centro, participaron o C.E.I.P Emilio de Navasqüés do Cruceiro de Róo e o Colexio Jaime Balmes de Noia. 

Os nosos nenos e nenas gozaron da xornada, pois dito deporte xa se practica nalgunhas sesións de E.F e incluso se leva a cabo unha liga interna e a maioría implícanse moito, especialmente, cando se celebran os partidos.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut