Skip to Content

Xornada de convivencia e recoñecemento da contorna do alumnado de 4º nivel de E. Primaria e algúns/has dos seus/súas mestres/as cunha andaina.

O pasado venres, 13 de outubro, o alumnado do 4º nivel de E. Primaria os seus titores/as e a profesora de E. Física levaron a cabo unha xornada de convivencia e recoñecemento da contorna cunha andaina durante a mañá do citado día.

Primeiro visitaron o "Estaleiro, varadoiro Hermanos Abeijón" no Freixo. Alí, amosáronlles as instalacións e déronlles as explicacións pertinentes do traballo que realizan e de como foron mudando as preferencias do material elixido polos armadores á hora de encargar unha embarcación. Na visita, nenos e mestres/as, tiveron a fortuna de poder ver unha embarcación de cada un dos materiais cos que se constrúe na actualidade. Posto que, había unha de cada tipo para reparar: madeira (á que puideron subir), ferro e  poliéster. Por certo que, con respecto á derradeira, levaron unha sorpresa, pois explicáronlles que así como a polilla ataca  á madeira a osmose ataca ao poliéster.

Pero, ademais faláronlles de como fora evolucionando a carpintería de ribeira até chegar á carpintería naval da actualidade e de como, cada vez, teñen máis dificultade para atopar profesionais que sexan capaces de construír unha embarcación do principio ao fin.

Logo, saíron do Freixo camiñando cara a Broña, polo paseo marítimo e, de vez en cando, realizaron pequenas paradas nas que nenos e nenas recibiron información referente: ás pequenas calas polas que ían pasando, ás pontes sobre a ría, a lugares próximos...

Unha vez en Broña, repuxeron enerxías e realizaron algúns xogos para retornar ao centro en torno ás 13:30h.

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut