Skip to Content

Secretaría

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Estimadas familias:

Comunicarvos que a Xornada de Portas Abertas, terá lugar os seguintes días:

- Luns 26 de febreiro de 2024

- Luns 4 de marzo de 2024

O horario será de 16:00hs a 17:00hs. Ás 16hs terá lugar unha reunión xeral no salón de actos para resolver dúbidas por parte do equipo directivo e posteriormente farase unha visita guiada cas mestras de educación infantil, polas instalacións do centro.

Un saúdo

O equipo directivo

 

RESERVA DE PRAZA CURSO 2024-25 NO IES DE FENE

Estimadas familias,

adxunto tedes instrucións para a reserva de praza para o curso 2024-25 no IES de FENE ( só alumnado que curse este ano 6º de primaria e vaia para 1º ESO ao instituto adscrito ao noso centro).

As familias que desexen que o seu fillo ou filla, curse 1º ESO noutro instituto ou nun Cpi, diferente ao de Fene, agardarán ao período de admisión entre o 1 e o 20 de marzo de 2024.

A reserva pódese facer telemáticamente ou ben, unha vez cubertos os anexos, entregala no noso centro (pode traela o alumnado).

O prazo abrangue desde o 15 de xaneiro ata o 4 de febreiro de 2024.

Deixámosvos o enlace para aclaración de dúbidas ou facer a reserva telemáticamente:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Un saúdo

A dirección

 

BONO DEPORTE

Estimadas familias,

desde a Consellería comunícannos que o alumnado que participou no programa XOGADE ( carreira que fixemos desde o centro) pode solicitar o bono deporte.

Deixámosvos instrucións do identificador:

O identificador XOGADE sempre é:

inicial nome - inicial primer apelido - inicial segundo apelido - 2 dixitos día nacemento - 2 dixitos mes nacemento - 2 dixitos ano nacemento

Exemplo do identificador XOGADE:

Imaxinade que os datos da vosa filla son:

Juanita Campo Lugo
17/03/2010

O identificador para "Juanita Campo Lugo" sería

JCL170310

Aquí tedes o enlace para acceder ao bono deporte:

https://www.bonodeporte.gal/

 

Un saúdo

A dirección

MENÚ COMEDOR 2º TRIMESTRE

Estimadas familias,

adxunto tedes o menú de comedor do 2º trimestre.

Un saúdo

A dirección

MENÚ ESPECIAL NADAL

Estimadas familias:

Deixámosvos o menú de comedor para o 21 de decembro (nota enviada polo servizo de catering).

Un saúdo

A dirección

ALUMNADO CON NEAE

Estimadas familias,

lembrarvos que o prazo para solicitar as becas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo, remata o 20 de setembro de 2023.

Un saúdo

A dirección

ACTIVIDADE NO CENTRO

Estimadas familias,

este venres 15 de setembro, como parte das actividades deste curso no colexio, faremos "Da horta á cociña".

En todas as aulas, farase unha degustación da colleita de tomates. Tomaremos pan con tomate e aceite de oliva.

Informade antes do  xoves14 de setembro, aos titores/as, de calquera alerxia ou intolerancia con respeto destes produtos.

Un saúdo

A dirección

MENÚ COMEDOR PRIMEIRO TRIMESTRE DO CURSO 2023-24

Estimadas familias,

deixámosvos o menú do servizo de comedor, para o primeiro trimestre do curso. 

Un saúdo

A dirección

ALUMNADO COMEDOR

Estimadas familias,

comentarvos que este curso temos no centro cambio de catering. A concesión é agora de Jardanay, segundo nos informaron emprega moitos produtos ecolóxicos. 

O día 11 de setembro, comeza o servizo de comedor polo que precisamos que cubrades o documento adxunto e o entreguedes no cole, en horario de 07:45hs a 14:00hs.

Para que o inicio de curso teña unha boa organización, precisamos comuniquedes se os/as vosos/as fillos/as, empregarán dito servizo o primeiro día e tamén, que días acudirán ao longo do curso.

NON poderá haber cambio de días ( se un alumno/a acude os luns e martes ao comedor, a familia non poderá cambiar os días, ata o curso seguinte).

O ALUMNADO QUE UN DÍA NON USE O SERVIZO DE COMEDOR, TERÁ QUE AVISAR NO CENTRO ANTES DAS 09:00hs do MESMO DÍA, senón pagará dito servizo.

 

Un saúdo

O equipo directivo

INICIO CURSO 2023/24

Estimadas familias,

desde o cole desexamos que tivesedes un bo verán!!.

O 11 de setembro, comezamos de novo en horario normal.

A entrada do alumnado de infantil, será pola porta principal e o alumnado de primaria, pola porta de abaixo ( en frente Galiña Azul).

Deixámosvos especificado o horario:

4º INFANTIL ( 3 anos), período de adaptación.

5º e 6º de INFANTIL, ENTRADA ás 09:30hs pola porta principal e SAÍDA ás 14:20hs.

1º,2º,3º,4º,5º E 6º de PRIMARIA, entrará pola porta de abaixo, (en frente Galiña Azul) desde as 09:20hs ata as 09:30hs (pecharase dita porta). A SAÍDA será pola mesma porta, ás 14:30hs.

Ao rematar o horario lectivo, o alumnado de transporte escolar, sairá do centro, ás 14:40hs.

Calquera dúbida, podedes enviar correo: ceip.oramo@edu.xunta.gal ou chamar ao 881930136/37

Un saúdo e bo curso

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut