Skip to Content

Secretaría

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-24

Estimadas familias:

No taboleiro de anuncios do centro, está publicada a listaxe de admisión provisional de alumnado para o curso 2023-24 (só alumnado novo no centro). Está admitido todo o alumnado que fixo a reserva de praza.

Un saúdo

A dirección

MENÚ COMEDOR MES ABRIL

Estimadas familias,

deixámosvos o menú de comedor do mes de abril.

Desfrutade das vacacións e vémomos á volta.

A dirección

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-24

Estimadas familias:

Mañá 1 de marzo de 2023, ábrese o prazo para solicitar praza para o vindeiro curso 2023-24 nos centros sostidos con fondos públicos en Galicia, regulado polo D 13/2022.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

        https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  2. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

O prazo remata o 20 de marzo.

Un saúdo

A dirección

MENÚ COMEDOR MARZO

Estimadas familias:

Deixámosvos o menú de comedor do mes de marzo.

Saúdos

A dirección

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Estimadas familias:

O luns 13 de febreiro, terá lugar a xornada de portas abertas no noso cole.

O horario: desde as 16:00hs ata as 18:00hs.

Calquera dúbida que  teñades, podedes enviar un correo a:

ceip.oramo@edu.xunta.gal

ou ben chamando aos teléfonos: 881930136/37/38

Atte,

O equipo directivo 

                                                                              

 

MENÚ COMEDOR FEBREIRO

Estimadas familias:

Deixámosvos o menú de comedor do mes de febreiro.

 

Un saúdo

A dirección

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

Estimadas familias:

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, hoxe 16 de xaneiro, inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Adxunto, deixámovos o decreto, a orde e o ANEXO que tedes que cubrir e presentar por Sede Electronica ou ben traer ao centro, ca documentación que se solicita. Podédelo enviar pol@s vos@s fillas e fillos

Calquera dúbida podedes chamar ao 881930137 ou ben facer a consulta no correo do cole: ceip.oramo@edu.xunta.gal

SÓ CUBRIRÁ O DOCUMENTO, O ALUMNADO QUE VAIA CURSAR 1º ESO NO IES de FENE.

Un saúdo

A direccción

 

MENÚ XANEIRO COMEDOR

Estimadas familias:

Adxunto tedes o menú de comedor do mes de xaneiro.

Bo nadal!

A dirección

MENÚ COMEDOR MES DECEMBRO

Bo día,

deixámosvos o menú de comedor do mes de decembro.

Tamén están os menús para o alumnado alérxico ao ovo e o alumnado intolerante ás legumes.

Un saúdo

A dirección

MATERIAL PARA ACTIVIDADE NADAL

Estimadas familias:

Unha vez máis pedimos a vosa colaboración. Esta vez precisamos que cada nen@ traia unha caixa de ovos enteira (con tapa) dunha ducia ou de media.DATA LÍMITE ATA O 5 DE DECEMBRO.

Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut