Skip to Content

Secretaría

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. ANPA

Queridas familias, tedes a oferta definitiva de extraescolares publicada no facebook da ANPA e na web do cole. Para apuntarvos mandade un correo a anpaceiporamo@gmail.com indicando a extraescolar elixida, nome alumno-a e curso. Tedes ata o luns 26 de setembro, pois o 27 de setembro anunciarase que extraescolares acadaron o mínimo de participantes e comezarán a primeira semana de outubro (a partir do día 3, incluído). Para acceso a estas extraescolares podedes facervos socios da ANPA ou, de non querer ser socios, tedes que abonar unha cota de 20 euros única para todo o curso. Moitas grazas por participar. ANPA O RAMO.

URXENTE ALUMNADO COMEDOR.

Estimadas familias:

Este curso 2022-23, ao non haber protocolo covid (salvo no transporte escolar, co alumnado fará uso da máscara...), só haberá unha quenda para comer no comedor. Por tanto e ante as necesidades do servizo, PODEREDES RECOLLER aos vos@s fill@s, EN HORARIO DE: 15:30hs a 16:00hs. ANTES DAS 15:30hs NON SAIRÁ NINGÚN ALUMNO/A, salvo casos debidamente xustificados ante a dirección do centro.

Tras reunión mantida co cátering e persoal de comedor, decídese establecer ese horario, para que lles de tempo a comer a todo o alumnado.

Lembrarvos que o persoal colaborador, termina a súa xornada laboral ás 16:00hs polo que vos rogamos puntualidade.

Por outra banda, aquel/a alumno/a que sexa autónomo/a para lavar os dentes, deberán traer un cepillo normal (sen capuchón, que non teñan que montar...) e pasta de dentes, nun estoxo que lles sexa fácil de abrir. Este estoxo, irá de volta todos os días para casa, para unha maior hixiene.

Un saúdo

A directora

FICHA INSCRICIÓN MADRUGADORES E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Estimadas familias:

A Anpa ofertará madrugadores desde o 8 de setembro e serán os monitores de Tempus un ano máis os que leven o servizo, na Ludoteca. 

Tamén están facendo a enquisa de actividades coas posibles extraescolares e a ludoteca, que se poden organizar se teñen demanda suficiente (a oferta final a aprobar polo consello escolar dependerá do resultado da enquisa).

Estes servizos Anpa están dirixidos a todas as familias. As socias desfrutan deles unha vez se fan socias (20 euros por familia) e as non socias, previo pago da “cota de actividades” (20 euros) que os socios aprobaron en asemblea do ano pasado que unicamente se abona 1 vez en todo o curso e da dereito de acceso a todos os nosos servizos.

Adxunto tedes a ficha de inscrición de madrugadores e a enquisa das extraescolares e ludoteca.

Calquera dúbida enviar correo a: anpaceiporamo@gmail.com

Un saúdo

A directora

REUNIÓN FAMILIAS 1º EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias:

O primeiro, darvos a benvida ao noso centro!.

O MÉRCORES 7 DE SETEMBRO, ÁS 12:30hs, terá lugar a reunión para as familias de 1º de educación

primaria.

punto de acollida, será na entrada principal do cole.

Benvid@s!!

O equipo directivo

ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO DE PRIMARIA CON IRMÁNS EN INFANTIL

Estimadas familias: Comunicarvos que aquelas familias que teñan fill@s en infantil e en primaria, poderán acceder ao centro, pola porta principal de acceso ao cole (escaleiras), pero despois o alumnado de primaria, debe dar a volta e acceder polo patio cuberto para entrar c@s demais compañeiros/as.

Á hora dá saída, seguirá igual que o ano pasado, o alumnado de primaria que teña irmán/a en infantil, poderá saír pola porta de infantil para facilitar a recollida ás devanditas familias.

Un saúdo

A directora

HORARIO REUNIÓN FAMILIAS DE 4ºEI (3 anos)

Estimadas familias:

O primeiro, darvos a benvida ao noso centro!.

O LUNS 5 DE SETEMBRO, ÁS 12:30hs, terá lugar a reunión para as familias de 4º de educación

infantil.

O punto de acollida, será na entrada principal do cole.

Benvid@s!!

O equipo directivo

INICIO CURSO 2023/24

Bos días familias.

Desde o cole, desexamos que tivésedes un bo verán!!.

O día 11 de setembro comezamos de novo, en horario normal.

A entrada do alumnado de infantil, será pola porta principal do centro, como ata o de agora. O alumnado de primaria, entrará pola porta de abaixo (Galiña Azul). Deixámosvos especificado o horario de entrada e saída de ambas as etapas.

INFANTIL(4º,5º e 6º), ENTRADA ás 09:30hs e SAÍDA ás 14:20hs(Porta principal). 4º de educación infantil (3 anos),terá período de adaptación.

PRIMARIA(1º,2º,3º,4º,5º E 6º) ENTRADA ás 09:20hs e SAÍDA ás 14:30hs(Porta enfrente da Galiña Azul).

Comentarvos, que ao rematar o horario lectivo, o alumnado usuario de TRANSPORTE, sairá do centro, ás 14:40hs, horario establecido pola Consellería de Educación.

Calquera dúbida podedes contactar co centro a través do correo:

ceip.oramo@edu.xunta.gal ou ben, chamando ao teléfono 881930136/37.

Bo inicio de curso a tod@s!!

O equipo directivo

MODELO AUTODECLARACIÓN COMEDOR.

Bo día,

adxunto tedes  o anexo de autodeclaración de comedor, para o alumnado usuario de dito servizo. Podedes imprimilo e envialo ao correo: ceip.oramo@edu.xunta.gal ou ben entregalo no centro.

Un saúdo

A directora

MENÚ COMEDOR SETEMBRO

Bo día,

adxunto tedes o menú de comedor do mes de setembro. Agardamos teñades un bo inicio de curso.

 

Un saúdo

O equipo directivo

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS. MES XULLO

Estimadas familias: lembrarvos que A PARTIR DO 11 de xullo, o horario de atención

no centro, SERÁ CON CITA PREVIA.

Poderedes solicitala a través do correo electrónico do colexio:

ceip.oramo@edu.xunta.gal  ou chamando ao teléfono: 639158617 ( de 10hs a

13hs).

Un saúdo e feliz verán

O equipo directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut