Skip to Content

URXENTE ALUMNADO COMEDOR.

Estimadas familias:

Este curso 2022-23, ao non haber protocolo covid (salvo no transporte escolar, co alumnado fará uso da máscara...), só haberá unha quenda para comer no comedor. Por tanto e ante as necesidades do servizo, PODEREDES RECOLLER aos vos@s fill@s, EN HORARIO DE: 15:30hs a 16:00hs. ANTES DAS 15:30hs NON SAIRÁ NINGÚN ALUMNO/A, salvo casos debidamente xustificados ante a dirección do centro.

Tras reunión mantida co cátering e persoal de comedor, decídese establecer ese horario, para que lles de tempo a comer a todo o alumnado.

Lembrarvos que o persoal colaborador, termina a súa xornada laboral ás 16:00hs polo que vos rogamos puntualidade.

Por outra banda, aquel/a alumno/a que sexa autónomo/a para lavar os dentes, deberán traer un cepillo normal (sen capuchón, que non teñan que montar...) e pasta de dentes, nun estoxo que lles sexa fácil de abrir. Este estoxo, irá de volta todos os días para casa, para unha maior hixiene.

Un saúdo

A directora



page | by Dr. Radut