Skip to Content

Secretaría

AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias, xa está publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

En archivos adxuntos tedes dita Orde e os ANEXOS I e II, que deberedes cumprimentar ( podédelo facer directamente na Sede Electrónica ou ben, unha vez cubertos os anexos, presentar no centro).

O prazo de presentación de solicitudes tanto para participación no fondo libros, como para a adquisición de vales de material escolar, remata o 21 de xuño de 2023.

Un saúdo

A dirección

 

AXUDAS ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECIFICA DE APOIO EDUCATIVO

Estimadas familias, no archivo adxunto tedes información para solicitar as axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2023-24.

O prazo é do 8 de mayo de 2023 ata o 20 de setembro de 2023 (ambos inclusive)

Un saúdo e bo día

A dirección

MILLA ESCOLAR 2023-24. CONCELLO DE FENE

Estimadas familias, adxunto tedes toda a información relativa á Milla Escolar que se levará a cabo o 14 de maio, en San Valentin (Fene).

Aquelas familias, que desexen que o seu fillo ou filla, participe, deberán comunicalo por abalar á titora ou titor correspondente, como data límite o 10 de maio de 2023.

Un saúdo

 

MENÚ COMEDOR MES MAIO

Estimadas familias:

Adxunto tedes o menú de comedor do mes de maio.

Un saúdo

A dirección

FOLGA DE TRANSPORTE PÚBLICO

Estimadas familias: para o xoves e venres, 27 e 28 de abril, está convocada unha folga no transporte en autobús. Aínda que o servizo aos coles é un dos servizos mínimos publicados no DOG na Orde do 21 de abril de 2023, se cadra non se cumpren, como xa aconteceu na anterior folga.

Polo tanto, NON podemos garantir, que o alumnado que vén e volta desde o centro en bus, poida facelo.

Un saúdo

A dirección

 

SESIÓN RESOLUCIÓN CONFLICTOS CONCELLO DE FENE

Estimadas familias, desde o Concello infórmannos que o 8 de maio de 2023, ás 18:30hs, na Casa da Cultura, haberá unha xornada de resolución de conflictos. Tedes a información para anotarvos nos archivos adxuntos.

Un saúdo

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-24

Estimadas familias:

No taboleiro de anuncios do centro, está publicada a listaxe de admisión provisional de alumnado para o curso 2023-24 (só alumnado novo no centro). Está admitido todo o alumnado que fixo a reserva de praza.

Un saúdo

A dirección

MENÚ COMEDOR MES ABRIL

Estimadas familias,

deixámosvos o menú de comedor do mes de abril.

Desfrutade das vacacións e vémomos á volta.

A dirección

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-24

Estimadas familias:

Mañá 1 de marzo de 2023, ábrese o prazo para solicitar praza para o vindeiro curso 2023-24 nos centros sostidos con fondos públicos en Galicia, regulado polo D 13/2022.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

        https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  2. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

O prazo remata o 20 de marzo.

Un saúdo

A dirección

MENÚ COMEDOR MARZO

Estimadas familias:

Deixámosvos o menú de comedor do mes de marzo.

Saúdos

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut