Skip to Content

Secretaría

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-23

Estimadas familias:

Adxunto, deixámosvos o listado de libros para o curso 2022-23. Aquelas persoas que NON lles sexa concedido  FONDOLIBROS ou algunha das axudas para adquirir libros e material escolar, deberán mercalos.

Cando teñamos coñecemento das familias beneficiarias de dita axuda, volo comunicarémolo.

Atte,

O equipo directivo

FIN DE CURSO

Estimadas familias:

Remata un novo curso e, como non, imos celebralo cos nen@s.

O próximo mércores 22 de xuño faremos unha festa de fin de curso con diversas actividades lúdico-deportivas nas que colabora a ANPA traendo á Gua-Gua.

Ao rematar as actividades darémoslles aos nen@s unha merenda, así que non fai falta que lles mandedes nada.

Para rematar a mañá, entregaremos o boletín de notas. A saída será coma sempre, ás 14:30h.

Aproveitamos para desexarvos un feliz verán e unhas merecidas vacacións.

Un saúdo

O claustro

MATRICULA PARA O CURSO 2022-23

Estimadas familias:

O 20 de xuño ábrese o prazo para a matricula do alumnado de 4º EI e para o alumnado procedente doutros centros. O período  remata o 30 de xuño. 

Deixámosvos en archivo adxunto, o documento que hai que presentar no cole, xunto ca seguinte documentación:

- 3 fotos tamaño carnet

-Certificado médico de non padecer ningunha enfermidade infecto-contaxiosa e de ter administradas todas as vacinas que lles corresponden por idade.

-Fotocopia da cartilla da seguridade social.

-Copia da folla do libro de familia onde apareza o alumno/a.

-Padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven con él/ela.

Calquera dúbida, podedes contactar connosco no 881930136/37.

Un saúdo

 

VERÁN NO CONCELLO DE FENE

 

Envío como documentos adxuntos a programación deportiva de verán do Concello de Fene.

As actividades comezan o día 1 de xullo e o prazo de inscrición abrirá o vindeiro luns, día 13 de xullo.

Moitas grazas

Un saúdo.

ACTUALIZACIÓN DE DATOS

Estimadas familias:

En archivo adxunto, tedes o documento de actualización de datos para o curso 2022-23.

O prazo remata o 22 de xuño de 2022.

Podedes traelo ao centro ou envialo polos/as vosos/as fillos/as.

 

Un saúdo

A directora

ALUMNADO COMEDOR CURSO 2022-23

Estimadas familias:

adxunto tedes o documento para o servizo de comedor, para o vindeiro curso 2022-23. O PRAZO REMATA O 22 DE XUÑO DE 2022.

Unha vez cuberto, podes entregalo no centro ou ben enviar na mochila dos vosos/as fillos/as e entregarllo a súa titora.

O alumnado que NON  traia cuberta a documentación, entenderase que NON usará dito servizo, para o vindeiro curso.

Un saúdo

A directora

BECAS ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2022-23

Estimadas familias:

Na páxina do MEC e FP, tedes as instruccións para cubrir a solicitude das becas para acneae.

O prazo remata o 30 de setembro.

Unha vez cuberto o formulario, teredes que imprilo e presentalo no cole. A bolsa debe solicitarse on-line, a traves da páxina web que vos deixo a continuación:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html#que-personas

 

Un saúdo

A directora

MENÚ COMEDOR MES DE XUÑO

Estimadas familias:

Deixámosvos en archivo adxunto o menú de comedor do mes de xuño.

Un saúdo 

A directora

VERÁN MÁIS ALÁ 2022

Bo día,

por indicación do Concelleiro delegado de Cultura, Justo Martínez Ardá, enviamos o enlace ca información sobre o programa Verán Máis Alá 2022

https://www.fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/6761

Un saúdo

O equipo directivo

ADAPTACIÓN PROTOCOLO COVID

Estimadas familias:

Tedes en archivo adxunto, a nova adaptación do protocolo COVID para o que queda de curso.

Un saúdo

O equipo directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut