Skip to Content

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

Estimadas familias:

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, hoxe 16 de xaneiro, inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Adxunto, deixámovos o decreto, a orde e o ANEXO que tedes que cubrir e presentar por Sede Electronica ou ben traer ao centro, ca documentación que se solicita. Podédelo enviar pol@s vos@s fillas e fillos

Calquera dúbida podedes chamar ao 881930137 ou ben facer a consulta no correo do cole: ceip.oramo@edu.xunta.gal

SÓ CUBRIRÁ O DOCUMENTO, O ALUMNADO QUE VAIA CURSAR 1º ESO NO IES de FENE.

Un saúdo

A direccción

 

AdxuntoTamaño
Decreto de admisión de alumnado.pdf545.72 KB
O do 21 de outubro de 2022.pdf1.6 MB
DOCUMENTO PARA CUBRIR.pdf1.23 MB


page | by Dr. Radut