Skip to Content

INICIO CURSO 2023/24

Estimadas familias,

desde o cole desexamos que tivesedes un bo verán!!.

O 11 de setembro, comezamos de novo en horario normal.

A entrada do alumnado de infantil, será pola porta principal e o alumnado de primaria, pola porta de abaixo ( en frente Galiña Azul).

Deixámosvos especificado o horario:

4º INFANTIL ( 3 anos), período de adaptación.

5º e 6º de INFANTIL, ENTRADA ás 09:30hs pola porta principal e SAÍDA ás 14:20hs.

1º,2º,3º,4º,5º E 6º de PRIMARIA, entrará pola porta de abaixo, (en frente Galiña Azul) desde as 09:20hs ata as 09:30hs (pecharase dita porta). A SAÍDA será pola mesma porta, ás 14:30hs.

Ao rematar o horario lectivo, o alumnado de transporte escolar, sairá do centro, ás 14:40hs.

Calquera dúbida, podedes enviar correo: ceip.oramo@edu.xunta.gal ou chamar ao 881930136/37

Un saúdo e bo curso

A dirección



page | by Dr. Radut