Skip to Content

ALUMNADO COMEDOR

Estimadas familias,

comentarvos que este curso temos no centro cambio de catering. A concesión é agora de Jardanay, segundo nos informaron emprega moitos produtos ecolóxicos. 

O día 11 de setembro, comeza o servizo de comedor polo que precisamos que cubrades o documento adxunto e o entreguedes no cole, en horario de 07:45hs a 14:00hs.

Para que o inicio de curso teña unha boa organización, precisamos comuniquedes se os/as vosos/as fillos/as, empregarán dito servizo o primeiro día e tamén, que días acudirán ao longo do curso.

NON poderá haber cambio de días ( se un alumno/a acude os luns e martes ao comedor, a familia non poderá cambiar os días, ata o curso seguinte).

O ALUMNADO QUE UN DÍA NON USE O SERVIZO DE COMEDOR, TERÁ QUE AVISAR NO CENTRO ANTES DAS 09:00hs do MESMO DÍA, senón pagará dito servizo.

 

Un saúdo

O equipo directivo

AdxuntoTamaño
AUTODECLARACIÓN COMEDOR 23-24.pdf71.17 KB


page | by Dr. Radut