Escolares
8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Onte celebramos no cole o 8M e tinguimos o cole de lila!
Levamos traballando a figura da muller dende o 11 de febreiro, día da muller e a nena na ciencia.
Aquí podedes ver como se traballou nos distintos niveis.
Hoxe culminamos coa visita da avogada e escritora Isabel Blanco, invitada polo club de lectura dos cursos 5º e 6º de Ed. Primaria.
Todo un luxo!
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023
E así quedaron os nosos traballos sobre ROSALÍA DE CASTRO destes días.
Actividade organizada polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca.
Música: Uxía (Letra: "Alborada", Cantares Gallegos, Rosalía de Castro)
ENTROIDO 2023
Así celebramos o entroido no noso cole: ordes do meco toda a semana, desfile final o venres, chocolatada, baile... e a desfrutar todo o mundo!
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
Os nenos e nenas de 3ºA e máis o seu mestre Borja gravaron un vídeo sobre o "bullying", ou acoso escolar, que estivemos a ver e comentar nas clases estes días co gallo do día escolar da non violencia e a paz.
Un aplauso para elas e eles porque fixeron un bo traballo!
Hoxe temos o acto onde alumnos e alumnas de 6º, dirixidos polas súas titoras Olga e Elena, lerán un manifesto e presentarán as actividades que cada aula do cole estivo a preparar para aprender e concienciar sobre o tema.
Tamén o equipo de Plástica Plurilingüe se encargou de crear coas nenas e nenos de Ed. Primaria a pancarta que lucirá no acto de hoxe. A que quedou ben bonita?
Esta actividade estivo organizada polo Equipo de Convivencia e Imaxe.
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS
Estes días estivemos a traballar nas aulas cos nosos alumnos e alumnas os Dereitos Humanos, a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia.
DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA - 20 NOVEMBRO
O venres pasado todos os nenos e nenas do cole aprenderon sobre os seus dereitos con diversas actividades e construíron a súa pulseira dos Dereitos da Infancia.
Queremos destacar o traballo dos mozos e mozas da clase de 6ºA que fixeron un mural precioso cos artigos. Felicidades!
DIA MUNDIAL DA DIABETES - 14 DE NOVEMBRO
Hoxe, Día mundial da Diabetes, a asociación anedia representada pola familia de Uxía, deunos unha charla sobre a diabetes e contounos que hai cans adestrados para poder detectar as subidas ou baixadas de azucre do seu compañeiro humano!
Moitas grazas por vir!
FOGUEIRA DE SAN MARTIÑO
O día que celebramos o MAGOSTÍN non puidemos facer a fogueira simbólica coa que comezamos o Magosto todos os anos por culpa da chuvia, así que, aproveitando que era S. Martiño e que había un día solleiro marabilloso, baixamos pouco antes do recreo para gozar da nosa fogueira que acendeu a nosa conserxe Almudena. Ademais había que prenderlle lume á leña e ao bullo que trouxeran os rapaces e rapazas das súas casas!
Queremos darlles as grazas ás familias pola súa colaboración.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »