Escolares
DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL
Conmemoramos o Día Mundial da Educación Ambiental (26 de xaneiro) achegando aos nenos e nenas dos colexios os recursos necesarios para continuar avanzando na concienciación do coidado do medio ambiente.
Ao longo da semana, un técnico do Concello, Rubén, xunto ao edil de xuventude Cristian Montes, explicou á cativada diferentes formas de coidar da súa contorna. Ata aprenderon a crear unha patrulla ambiental!!
PROXECTO DE CIENCIAS DOS CURSOS 1º, 2º, 3º E 4º DE ED. PRIMARIA 1º TRIMESTRE
COÑECENDO O JIU JITSU
Os pasados días tivemos a oportunidade de descubrir un novo deporte: o Jiu Jitsu!
SAÍDA 3ºEP - MUSEO DO MAR
E xa para rematar coas saídas relacionadas co Proxecto de Ciencias vencellado ao paso do tempo, que levamos a cabo nos cursos de 1º a 4ºEP, deixámosvos unhas imaxes dos nenos e nenas de 3ºEP que se achegaron ao Museo do Mar de Vigo para coñecer as diferenzas da pesca no pasado e no presente.
SAÍDA 4ºEP - MUSEO MUNICIPAL DE PONTEAREAS E CASTRO DE TROÑA
O pasado martes, o alumnado de 4ºEP visitou o Museo Municiapal de Ponteareas e o Castro de Troña.
Puideron ver como eran as vivendas e os obxectos que fabricaban os nosos antepasados castrexos. Pero non só iso, senón tamén restos de materiais propios da Prehistoria atopados na comarca do Condado!
Non podían crer que cousas da Prehisotria e da Idade Antiga, etapas que tanto traballaron neste trimestre (como parte do proxecto de Ciencias no que traballaron conxuntamente de 1º a 4º), aínda se conservan hoxe en día.
Unha mañá chea de sorpresas e aprendizaxe!
PROXECTO CIENCIAS E SAÍDA MUSEO DO MAR
No proxecto de Ciencias deste 1º trimestre no que traballamos conxuntamente os cursos dende 1º a 4º de Ed. Primaria estamos de cheo estudando o paso do tempo.
DÍA DA INFANCIA
Así celebramos o Día da Infancia e reinvindicamos que tod@s @s nen@s teñen dereito a medrar nunha familia con cariño e protección.
SAÍDA 5ºEP - QUIÑONES DE LEÓN E MUSEO DO MAR
Os alumnos/as de 5ºEP visitaron o Museo Quiñones de León e o Museo do Mar para realizar a actividade "Salvemos a ría"
O MAGOSTÍN
ASÍ GOZAMOS DA NOSA FESTA!
PROXECTO DE CENTRO - OS XOGOS OLÍMPICOS
COMEZAMOS O ADESTRAMENTO PARA OS XOGOS OLÍMPICOS DE PARÍS 2024!
Quixemos dar comezo ao proxecto de centro deste curso cunha andaina á beira do Río Tea facendo exercicio en contacto coa natureza; compartindo un magnífico día de outono en convivencia e apostando polos hábitos saudables.
Os máis pequenos do cole quedaron na Moscadeira, os medianos chegaron ata o merendeiro de As Searas, e os maiores foron ata a Ponte das Partidas, en Moreira. Un xeito tamén de coñecer o noso Concello e as súas rutas de sendeirismo.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »