Articles

GUÍA DE USO DOS ESCORNABOTS

Presentamos a guía de uso dos escornabots coa que traballaremos na biblioteca!!

 

                                                 GUÍA (clic aquí)

 

A desfrutar destes "xoguetes", e incrementar a vosa creatividade Sorriso

SEMANA DO LIBRO 2021

Durante a semana pasada celebramos a semana do libro dun xeito moi especial, creando unha FEIRA DO LIBRO, actividade organizada polo equipo de Biblioteca.

Os nenos e nenas de todo o cole foron acudindo á Feira para trocar os seus cupóns por libros. A feira estivo amenizada cada día por mestras/es do centro cos seus instrumentos.

O fin de festa, foi o venres 23 de abril, o propio Día do libro, coa actuación de todos os músicos/as do cole en directo para todos os nenos/as do centro.

Foi unha semana moi divertida!!

INVESTIGANDO SOBRE O 8M

En relación co 8M e investigando sobre mulleres importantes na historia, na materia de Inglés os nenos e nenas de 3º e 4º coñeceron a AMELIA EARHART:
Amelia Mary Earhart ​ foi unha aviadora estadounidense, célebre polas súas marcas de voo e por intentar a primeira viaxe aérea arredor do mundo sobre a línea ecuatorial.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro.
Deixámosvos un vídeo cuns marabillosos debuxos de Rosalía feitos polos nosos alumnos e a fermosa voz da nosa teacher Rochi.

CLUB DE LECTURA

Queredes saber as actividades que realizan os nenos e nenas do club de lectura do noso cole?
Esta actividade está organizada polo equipo de Biblioteca.

CONCURSO DÍA DOS NAMORADOS

BO DÍA DO AMOR E A AMIZADE
Xa coñecemos aos gañadores e gañadoras do Concurso do día dos namorados!
Houbo moita participación e os premios estiveron moi reñidos pola gran calidade das vosas mensaxes amorosas!
FELICIDADES e grazas por ser tan creativo/as!
Coas mensaxes finalistas fíxose unha exposición moi romántica na biblioteca.
E os gañadores e gañadoras foron:
Hugo de Ed. Infantil
Elba de 1ºA
Noa de 1ºB
Iago de 3ºB
Iria de 3ºC
Lucía de 6ºB
NORABOA!
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Biblioteca.

GAÑADORES CONCURSO SAMAÍN

Xa temos gañadores/as do concurso SAMAÍN 2020, organizado polo Equipo de Biblioteca do cole.

Noraboa e grazas a todo/as por participar!

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

O Equipo de Biblioteca quere facervos unhas recomendacións lectoras para o verán:

Recomendacións lectoras 3 a 7 anos Recomendacións lectoras 7 a 9 anos Recomendacións lectoras a partir 10 anos

3 a 7 anos                        7 a 9 anos                          A partir de 10 anos

VIDEOS DE RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA PRIMARIA

Visitando dende esta web o enlace a ceip nosaseñoraremedios tv poderás ver vídeos con recomendacións de lecturas para Primaria elaborados polo Equipo da Biblioteca do noso Colexio.