Skip to main content

COMUNIDADE EDUCATIVA

I RUTA INTERXENERACIONAL #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Convidamos a toda a veciñanza e á comunidade educativa á I Ruta Interxeneracional

(calquera persoa de calquera idade) pola Praia da Madalena.

En ela, Rafael López Loureiro e Álvaro Pérez Pérez, ofertarán

unha documentación sobre especies da nosa contorna.

Recoméndase traer cámara fotográfica e prismáticos

(en caso de ter) e a rapazada un caderno de campo.

Este roteiro pertence ao proxecto "Aprendendo, naturalmente!",

esta é unha das actividades voluntarias fóra do horario escolar.

 

 

INSTALACIÓN "O PODER DAS PALABRAS" #Infancia #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #LIA #Lectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Unha instalaciónción para que a infancia poña palabras aos seus

sentimentos, unha provocación para non deixar a ninguén indiferente.

Provocación que parte da lectura e escoita do libro de Fabiana Ottaviani

e  Cristina Petit e ao que o alumnado de primeiro pon voz.

Coa intención incitar, estimular, suscitar, mover, desafiar... e non deixar a

ninguén sen palabras a biblioteca abre un espazo de arte, cultura e xogo para

toda a comunidade educativa, que xunta crea, xoga, escribe e inventa novos relatos.

Grazas por encher a biblioteca de palabras!

 

 

 

 

 

 

TÍTULOS, AUTORAS E AUTORES - BIBLIOTECA HUMANA 2021 2022 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Estamos orgullosos das persoas que se brindaron a contar a súa historia.

Entre todos crearon redes que se conectan, que nos conectan.

O vindeiro curso poderedes coller os seus libros en empréstito na BE "Carlos Labraña",

pero para quen o desexe creamos un genial.ly, onde está aloxado o audio de cada un dos libros.

Historias fermosas que nos acompañarán no verán. Collede o voso libro!!

 

 

 

 Agradecer inmensamente a colaboración de tódalas persoas que puxeron un pedaciño

do seu tempo para facer posible este proxecto. En especial aos nosos libros humanos:

Andy Brañas, Ánxela Lema, Bibiana Córdoba, Candela Martínez, Carlos Labraña,

Ermitas García, Fabiana Feijoo, Jose de Vigo, Juan Rodríguez, Miño Guerreiro,

Noa López, Raúl Nebril e Rebeca León.

 

 

 

BIBLIOTECA HUMANA - 4º XORNADA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

Despedimos as xornadas, deste curso, da Biblioteca Humana da man

de tres títulos inmensos. Para quen non as escoitou presencialmente,

as súas historias permanecerán no catálogo das bibliotecas: Meiga e Koha.


Este curso a biblioteca escolar leva por lema "A biblioteca ten a palabra",

na vila quixemos cedérllela ás nosas xentes, á comunidade.

Persoas que xuntas tecen as redes da historia persoal dun pobo,

historias íntimas, as vivencias que axudan cando se comparten.

Despertaron emocións que gardaremos para sempre.

Sentímonos máis preto e crearon lazos que perdurarán no tempo.

 

Agradecer a participación de Juan Rodríguez Martínez,

Noa López Vidal e Miño Guerreiro Rodríguez e de todas e todos os implicados.

Xuntos fixemos voar as palabras!

 

 

SOLEDAD FELLOZA - OBRADOIRO - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Soledad Felloza, artista multidisciplinar realiza un obradoiro para toda a comunidade educativa,

ao abeiro do programa Lectura e Familias, que desenvolven as bibliotecas

e o Concello de Cedeira, a través da Biblioteca Humana.

Soledad veu cargada de maletas cheas de historias e despois de moito escoller

fixemos un desfile e creamos tendencia cun libro nas redes sociais!

 

 

 

 

SOLEDAD FELLOZA NA BILBLIO DO IES - PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O vindeiro luns 20 de xuño, dentro do programa Lectura e Familias e no marco
da elaboración da Biblioteca Humana que se está levando a cabo nas bibliotecas escolares,
agrádanos anunciar a presenza de Soledad Felloza no Ies Punta Candieira.
 
 
 
Esta artista polifacética (actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora...)
sorprenderanos cun taller sobre a lectura.
Porque ler está de moda.
Invitamos ás familias a que acudan ao taller.
Poden comunicalo no WhatsApp indicando o seu nome e poñendo Soledad Felloza
no número 665602142. Turno 1 as 10h e turno 2 as 12h.
 
 

 

"NO TODO ES SUERTE!" POR JUAN RODRÍGUEZ MARTÍNEZ - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O 20 de xuño ás 18:00 horas na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña"

 

Apúntate! Aberto a tódolos públicos.

 

Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625,

 

pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.

 

 

 

Unha experiencia de vida para chegar a xogar en primeira división.

 

 

 

 

"COMA CABRAS" POR NOA LÓPEZ VIDAL - BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O 20 de xuño ás 17:00 horas na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña"

Apúntate! Aberto a tódolos públicos.

Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625,

pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.

 

 

Unha historia de saúde mental, sen que asuste.

Porque é un mundo do que hai que falar.

 

 

 

 

BIBLIOTECA HUMANA - XORNADA 9 XUÑO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O pasado 9 de xuño celebramos a terceira xornada da Biblioteca Humana.

Tres títulos relacionados co mar, atracaron nas nosas bibliotecas

da man dos seus autores e das súa autora.

Historias que perdurarán en audio, no noso catálogo Meiga,

para escoitar sempre que se desexe.

A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que

ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena e xente da vila que tivo

o interese de escoitar achegouse e entre libro e libro, as verbas crearon redes.

Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor

moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo.

 

 

Agradecer a Andy García, Candela Martínez Pernas e

Raúl Nebril todas e cada unha desas verbas.

 

LER PERSOAS! - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O pasado 8 de xuño celebramos a segunda xornada da Biblioteca Humana.

Tivemos o pracer de escoitar tres títulos fermosos da voz das súas autoras.

Historias que perdurarán en audio, no noso catálogo Meiga,

para escoitar sempre que se desexe.

A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que

ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena e xente da vila que tivo

o interese de escoitar achegouse e entre libro e libro, as verbas crearon redes.

Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor

moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo.

 

 

Agradecer a Rebeca León Graña, Ánxela Lema París

e Ermitas García Rios todas e cada unha desas verbas.

 

 

 

 

 

AS BRUXAS - V XORNADAS DE TEATRO #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Este venres o alumnado de 4º C representará "As Bruxas",

unha adaptación do conto de Roald Dahl. En dous pases no Auditorio

de Cedeira amosarán o traballo dun ano. Un traballo feito enteiramente

por eles: decorados, encargaranse do son... e coa colaboración

das familias para os disfraces.

Os inicios comezaron coa lectura do libro e

onte mesmo así estaban na biblioteca.

Moita merda rapazada!!

 

 

 

 

2º e 3º XORNADAS BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O mércores 8 e o xoves 9 de xuño escolle un libro e apúntate no 615143625,

mandando unha mensaxe de Whatsapp poñendo o teu

nome e apelido e o libro que queres ler/escoitar.

Aberto a tódolos públicos. Non perdas a ocasión!

Cada libro dura uns 15 minutos e logo terás uns 5 minutos para preguntar e conversar.

Cantas veces tiveches a posibilidade de conversar co seu autor/a?

Desta volta será na Biblioteca Escolar Punta Candieira, no Ies.

 

 

 

MARES DE CEDEIRA - TEATRO #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O venres 3 de xuño o alumnado de 2º de primaria representou

"Mares de Cedeira" unha obra inédita de Carlos Labraña.

Realizada con especial agarimo durante o curso escolar,

un texto que foi revisado e corrixido en diversas reunións e

tendo en conta a voz da rapazada. Ese pracer e bo facer, non é algo habitual.

 

 

Infinitamente agradecidos a Carlos Labraña por permitirnos mergullarnos no

seu mundo creativo. A toda a rapazada, profesorado, familias e xente da vila

que arroupou a obra e aos seus protagonistas. A Andy Brañas e Pili por encargarse

da fotografía. Á biblioteca por ser espazo de ensaio, aínda que non foi o único,

pois patios e aula de teatro tamén o foron.

E posteriormente chegaron os ensaios no Auditorio, gracias Quique Vázquez.

 


 

Non hai verbas para felicitar ás actrices e actores, son inmensas e inmensos.

Só recordar, que hai un gran traballo detrás. Moita organización, dramatización,

ensaios, conversas, resolucións de conflictos... días mellores e días peores, hai vida.

O proceso é espectacular, iniciaron de cero e remataron a mil!

Parabéns rapazada!!

 

 

 

Unhas fotografías, mostra dunha das invitacións (todas diferentes e con debuxos do

alumnado) e o tríptico realizado para a data. Pois hai que engadir, que todo está feito

polas nenas e nenos: atrezzo, invitacións, disfraces... Un gran proxecto!!

 

 

 

 

 

 

 

"UN MAR DE VIDA... E MORTE" POR RAÚL NEBRIL - BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

"Un mar de vida... e morte" de Raúl Nebril.

 

O seu mundo é o mar. Viviuno dende moitas ópticas. Viviu del e tamén para el.

 

E hoxe traballa por mirar dos que están no mar, de salvalos cando as

 

inclemencias e adversidades dun mundo tan difícil poden custarche non voltar a velo.

 

O 9 de xuño ás 12h na Biblio do IES.

 

 

Apúntate! Aberto a tódolos públicos.

Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625,

pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"VENTO A FAVOR, PALADAS DE VIDA" DE CANDELA MARTÍNEZ PERNAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

"Vento a favor, paladas de vida" de Candela Martínez Pernas.
 
Remarlle á vida, tirar para adiante. Como o deporte che pode ensinar doutro modo.
 
As metas son infindas e buscar outras novas é o que che fai seguir máis alá.
 
O día 9 de xuño as 11h na Biblio do IES.
 

Apúntate! Aberto a tódolos públicos.

Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625,

pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.

 

 

 

 

 

 
 
 

 

Distribuir contido