Skip to Content

4º primaria

O NOSO XARDÍN VERTICAL II

Esta semana o alumnado de 4º de E.P. deu novos pasos na construción do xardín vertical, enmarcado baixo o programa de educación medioambiental Voz Natura.

Xa que estiveron situando as botellas recicladas, nas que sementaron no paso anterior, no segundo andar. Ademais ocupáronse de manter os produtos sementados nunhas condicións idóneas: auga, luminosidade…

Aquí teñen algunhas evidencias do segundo paso:

 

Ao longo do presente trimestre continuarán co coidado das mesmas. Polo que moi pronto ensinarémoslles algunhas evidencias de dito proceso.

 

 

O CREBACABEZAS DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA

 

En 4º de E.P. atopámonos inmersas na unidade  “España e as comunidades autónomas” estreitamente relacionado coa P.D.I. “A volta ao mundo”; xa que estamos dando unha pequena volta ao noso país.

 

Pero decidimos facelo dunha forma lúdica, posto que xogando todo é máis enriquecedor e motivador. Todas e todos estivemos traballando moito para construír o noso crebacabezas.  

 

A continuación poden observar algún dos marabillosos resultados:

  

                             

RADIO ARRABAL # 4

Imágenes de Palomas Paz | Vectores, fotos de stock y PSD gratuitos

XA TEMOS NAS ONDAS O PRIMEIRO PROGRAMA DESTE 2022.

Adicamos unha sección ao día da paz, outra aos cabalos dos nosos montes, deportes, non me tomes o pelo, novas seccións, etc. Por suposto as cancións de eurovisión tamén aparecen neste programa e o personaxe da semana é Beni, a escaladora de Bembrive.

Non deixes de escoitar a RADIO ARRABAL!!!

 

O NOSO XARDÍN VERTICAL

En 4º de Educación Primaria comezamos o segundo trimestre cheas e cheos de ilusión xa que nos atopamos inmersos na construción do noso xardín vertical. Dito proxecto enmarcase baixo o programa de educación medioambiental Voz Natura.

Os primeiros pasos deste proxecto démolos no trimestre pasado, abordando os contidos teóricos. Agora chegou o momento de poñer en práctica todas esas aprendizaxes.

A continuación poden observar o primeiro paso: sementar.

Aquí teñen algunhas evidencias do gran traballo que efectuamos hoxe:

 

TIMBRE MUSICAL – PROXECTA + (DONAS DE SI)

Neste segundo trimestre seguimos traballando co obxectivo de visibilizar e pór en valor as mulleres da nosa sociedade.

Por iso continuamos amenizando os intercambios de clase con cancións nas que se mostre o labor de diferentes artistas ou nas que a mensaxe que emitan permita progresar cara a igualdade.

A continuación poden observar a música escollida para o mes de xaneiro:

 

En nada comeza febreiro, se teñen algunha suxestión estaremos encantadas de recibilas.

Pronto teredes máis novidades!

ALEXIA PUTELLAS: DONAS DE SI (VALIOSAS)

Os referentes son fundamentais cando queremos acadar unha igualdade real. Por iso, da man do Proxecta+ (Donas de si) estivemos indagando e reflexionando sobre Alexia Putellas.

Que importante é a súa labor para todas e todos!

A continuación poden visualizar o resultado do traballo efectuado polo alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria.

 

 

Seguimos camiñando pola igualdade!Sorriso

BAILE DE FIN DE TRIMESTRE 4º

25 DE NOVEMBRO: DONAS DE SI (“VALIOSAS”)

Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Dende o cole levamos varias semanas traballando dita conmemoración coa finalidade de desenvolver o espírito crítico do noso alumnado.

Concretamente, o alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria efectuou unha lectura colectiva do libro “Érase dúas veces Blancaneves” de Belén Gaudes y Pablo Macías.

Posteriormente realizamos unha reflexión do mesmo co fin de abordar os estereotipos de xénero, abolir conductas machistas e contribuír a poñer en valor o papel das mulleres na nosa sociedade.

A continuación poden observar o gran traballo que realizaron:

 Estamos tan orgullosas delas e deles!!

 

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS

 

Coa colaboración do Equipo de Biblioteca e o EDLG argallamos unha exposición de libros que visibilizan e poñan en valor as mulleres da nosa sociedade. Deste xeito queremos animar a toda a comunicade educativa a enriquecerse de maneira conxunta coa súa lectura. 

 
Animádevos!! Está a vosa disposición!! Guiño

PROXECTA +: DONAS DE SI

O CEIP Mestre Manuel García aposta por visibilizar e pór en valor as mulleres da nosa sociedade coa finalidade de recoñecer o seu rol político, social, artístico, científico e cultural.

Deste xeito, o alumnado de 2º e 4º de E.P. guiado polo equipo docente, traballarán baixo o paraugas do Proxecta + “Donas de si”. A nivel de centro, denominamos ao noso proxecto “Valiosas” posto que todas e todos estamos rodeados de mulleres valiosas.

Ao longo do presente curso desenvolveremos varias iniciativas e actividades que contribúan a acadar os obxectivos do noso proxecto.

A primeira delas, comezou no mes de outubro e prolongarase ata o final do curso, consiste en amenizar os intercambios de clase con cancións nas que se visibilice a diferentes artistas así como o gran labor que desenvolven para a tan ansiada igualdade.

A continuación poden observar a música escollida para o mes de novembro:

 

Na biblioteca do cole, situáronse os QR relativos as cancións de cada mes, de xeito que os distintos membros da comunidade educativa poidan efectuar unha ruta sonora.

Anímaste?

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut