Skip to Content

4º primaria

OBRADOIRO SOLVOZ

O pasado xoves o alumnado de 4º e 5º de primaria participou no obradoiro de radio impartido por DAMIÁN ALONSO.

Este gran doblador de documentais e películas infantís ensinounos a elaborar os nosos guións, a modular a voz coidando a vocalización e dicción e sobre todo a seguir buscando historias para contar na RADIO ARRABAL.

 

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Onte, 8 de marzo, conmemoramos o “Día Internacional da muller” no centro; xa que apostamos por visibilizar e pór en valor as mulleres da nosa sociedade.

Para iso, dende a biblioteca continúase coa exposición de libros que permite ao alumnado e familias desenvolver o espírito crítico, coñecer a labor de mulleres relevantes na historia e na súa contorna así como contribuír a súa divulgación.

 

 

Ademais nos corredores do noso colexio poden observar os carteis reivindicativos elaborados polo  alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria, baixo o marco do Proxecta + “Donas de si: Valiosas”.

A elaboración do produto constou de varias partes. Primeiro o alumnado indagou sobre a orixe e posteriormente efectuaron os carteis reivindicativos en equipos cooperativos.

 

 

Seguimos camiñando!

CAMPIONATO DO MUNDO DE BADMINTON

Estas son as gañadoras do campionato mundial de badminton que fixemos as alumnas de 4º de primaria.

MEDAIA DE OURO para CRISTIAN

MEDAIA DE PRATA para ALBA

MEDAIA DE BRONCE para IZAN E ADRIÁN

MEDAIA DE PLATINO para TODA A CLASE DE 4º QUE PARTICIPOU CON TANTO ENTUSIASMO NO CAMPIONATO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 A clase de 4º na entrega de agasallos e no círculo da escoita activa.

As gañadoras

MARZO: TIMBRE MUSICAL

Acaba de comezar marzo e sen dúbida estamos ante un mes moi importante, xa que o día 8 conmemórase o “Día Internacional da Muller”.

O timbre musical abordará dita cuestión, xa que este permite traballar todas as conmemoracións rexistradas na orde do calendario escolar, dende unha perspectiva lúdica e amena.

 A continuación poden observar a música escollida:

11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O pasado 11 de febreiro conmemoramos no centro o Día da Muller e da Nena na Ciencia. O alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria, baixo o marco de Proxecta + (Donas de si: Valiosas),  efectuou entrevistas a mulleres importantes da súa vida.

Nelas reflexionaron sobre o papel da nena na ciencia co obxectivo de fomentar o espírito crítico do noso alumnado.

Todas as entrevistas recompiláronse nun caderno conxunto que rotará por todas as aulas do centro, coa finalidade de que todas e todos xuntos poidamos enriquecernos e seguir avanzando.

PROGRAMA COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE
 
Arranca o segundo programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de BISCOITO DE LARANXA (sen lactosa) da man de Tiago, de cuarto curso. 
 
Pero antes de comezar... 
 
Sabedes onde se orixinou o biscoito de laranxa?
 
O biscoito de laranxa, é un postre lixeiro e non moi azucarado que resulta ideal para acompañar unha cunquiña de leite quente. A laranxeira foi traída a Europa no século XV por exploradores portugueses. Esta receita de biscoito ten orixe grego. 'Portokalópita' é o nome que recibe este postre popular da repostería de GRECIA. 
 
 
Bo proveito!!

O NOSO XARDÍN VERTICAL II

Esta semana o alumnado de 4º de E.P. deu novos pasos na construción do xardín vertical, enmarcado baixo o programa de educación medioambiental Voz Natura.

Xa que estiveron situando as botellas recicladas, nas que sementaron no paso anterior, no segundo andar. Ademais ocupáronse de manter os produtos sementados nunhas condicións idóneas: auga, luminosidade…

Aquí teñen algunhas evidencias do segundo paso:

 

Ao longo do presente trimestre continuarán co coidado das mesmas. Polo que moi pronto ensinarémoslles algunhas evidencias de dito proceso.

 

 

O CREBACABEZAS DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA

 

En 4º de E.P. atopámonos inmersas na unidade  “España e as comunidades autónomas” estreitamente relacionado coa P.D.I. “A volta ao mundo”; xa que estamos dando unha pequena volta ao noso país.

 

Pero decidimos facelo dunha forma lúdica, posto que xogando todo é máis enriquecedor e motivador. Todas e todos estivemos traballando moito para construír o noso crebacabezas.  

 

A continuación poden observar algún dos marabillosos resultados:

  

                             

RADIO ARRABAL # 4

Imágenes de Palomas Paz | Vectores, fotos de stock y PSD gratuitos

XA TEMOS NAS ONDAS O PRIMEIRO PROGRAMA DESTE 2022.

Adicamos unha sección ao día da paz, outra aos cabalos dos nosos montes, deportes, non me tomes o pelo, novas seccións, etc. Por suposto as cancións de eurovisión tamén aparecen neste programa e o personaxe da semana é Beni, a escaladora de Bembrive.

Non deixes de escoitar a RADIO ARRABAL!!!

 

O NOSO XARDÍN VERTICAL

En 4º de Educación Primaria comezamos o segundo trimestre cheas e cheos de ilusión xa que nos atopamos inmersos na construción do noso xardín vertical. Dito proxecto enmarcase baixo o programa de educación medioambiental Voz Natura.

Os primeiros pasos deste proxecto démolos no trimestre pasado, abordando os contidos teóricos. Agora chegou o momento de poñer en práctica todas esas aprendizaxes.

A continuación poden observar o primeiro paso: sementar.

Aquí teñen algunhas evidencias do gran traballo que efectuamos hoxe:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut