Skip to Content

4º primaria

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

Arranca o oitavo programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de OVOS RECHEOS da man de Adrián, de 4º de Primaria. Pero antes de comezar...

Sabedes onde se orixinaron os ovos recheos?

A orixe do prato pódese ver en receitas de ovos cocidos e sazonados que se remontan á antiga Roma, onde tradicionalmente servíanse como primeiro prato. O prato é popular en Europa e América do Norte pero aí onde os vemos, son un prato de ilustre historia. Podemos remontarnos ata o Século de Ouro para ver a versión de ovos recheos.

 
Bo proveito!

PROGRAMA COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

Arranca o sétimo programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de FILLOAS da man de Alba, de 4º de Primaria. 

Pero antes de comezar... 

Sabedes onde se orixinaron as filloas?

Aínda que é difícil atopar a orixe das filloas, hai indicios que apuntan a que os romanos xa consumían unha mestura sinxela en forma de torta. Algunhas referencias falan dunha comida elaborada con auga, especias, mel, ovos e fariña chamada phyllon. Unha palabra que, se a pronunciamos, garda moita relación coa nosa coñecida filloa. A palabra é de orixe grega e significa lámina.

Hai outra teoría que apunta a que a receita da filloa foi tradición dos pobos  precristianos e estendeuse pola Europa coñecida. Así, este produto, nas súas diferentes variantes de ingredientes e aparencia, iríase asentando por diferentes puntos da xeografía europea. O caso máis similar á filloa galega é o das famosas  crepes de Francia, xa importadas a España. 

Os  crepes son un prato típico dunha zona de Francia moi concreta: a Bretaña. As filloas, pola súa banda, o son de Galicia. Ambas as rexións, ambos os pobos, teñen en común unha cousa: a súa orixe celta.

 

PROGRAMA COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

Arranca o sexto programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de BISCOITO DE IOGUR da man de Samuel, de 4º de Primaria. 

Pero antes de comezar... 

Sabedes onde se orixinou o biscoito de iogur?

A palabra biscoito, provén do latín bis coctus, cuxo significado é "cocido dúas veces". A orixe do biscoito de iogur foi en FRANCIA. Os iogures vendíanse tradicionalmente en frascos de cristal e redondos, os cales eran empregados polas avóas francesas, como medidores das proporcións dos ingredientes precisos para realizar o biscoito de iogur.  

PDI: A VOLTA Ó MUNDO

O alumnado de 4º de E.P. estivo traballando no proxecto documental integrado do noso centro. O cal nos permitiu contribuír ao desenvolvemento das competencias, xa que traballamos todas elas dun xeito transversal e interdisciplinar.

Mediante o vídeo que se presenta a continuación poden observar unha breve síntese do gran traballo efectuado por todas e todos eles.

 

 

UNHA AVENTURA MÁXICA

As nenas e nenos de 4º de E.P. levan varios meses traballando na elaboración dun conto colectivo. Onde cada unha e cada un puido fomentar a súa creatividade, autonomía e responsabilidade, como consecuencia da súa elaboración.

Tal como anunciamos na revista escolar, estábamos argallando unha sorpresa. E chegou o momento de dicir cal é:

Gravamos o noso primeiro pódcast!!!


 

O noso primeiro pódcast contén o noso conto titulado “Unha aventura máxica”.

Este venres xa o puidemos escoitar en primicia no tempo de recreo e actualmente está dispoñible no apartado de radio da web do noso cole para que todas e todos poidades desfrutar da nosa historia.

Se desexan coñecer aos personaxes desta apaixonante historia tan só teñen que visualizar o seguinte vídeo:

 

 

 

Esperamos que vos guste!!

PODCAST 3-6-2022

Coñecedes contos que sucedan en Oia? Coñecedes contos escritos e narrados polos nenos e nenas do colexio? Pois darlle a "play" no arquivo sonoro e escoitaredes un estupendo podcast das nenas e nenos de 4º de primaria. Grazas amigxs!!!

 

E TI QUE VES?

O alumnado de 4º de Educación Primaria estivo realizando propostas plásticas sen dicirlle aos seus compañeiros/as o que estaban debuxando. Posteriormente, xogamos a adiviñar as súas representacións.

Foi moi curioso comprobar como nos coñecemos moito e na maior parte das ocasións acertamos a idea inicial do autor/a.

MULLERES DA HISTORIA

O alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria segue traballando  coa finalidade de por en valor as mulleres da nosa sociedade. Por iso, quixemos homenaxear as mulleres da nosa historia, xa que por desgraza moitas veces quedaron relegadas a un segundo lugar.

Para iso, estivemos traballando os libros da colección Mulleres Galegas composta por cinco biografías de mulleres: Ángeles Alvariño, Maruja Mallo, María Victoria Moreno, Ernestina Otero e Ángeles Ruiz Robles.

A continuación poden observar algunhas imaxes do fantástico resultado:

 

DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

Este domingo, o 15 de maio de 2022, conmemórase o Día Internacional das Familias. Sen dúbida, trátase dunha data moi importante para todas e todos nós, xa que as nosas familias son unha peza fundamental na nosa vida.

Por iso, estivemos preparando un fermoso agasallo para todas elas.

Esperamos que lles guste, tanto como a nós preparalos.

Distribuir contido


by Dr. Radut