Skip to Content

4º primaria

SI CHOVE QUE CHOVA

Agora que empezan as chuvias é o momento de acudir ao ximnasio e aproveitar o boulder. O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria vai nos recreos e parte da hora de ler. Costa gabear polo panel pero eso é o que nos motiva. VAMOOOOOSSSSS!!!

ANDAINA MAGOSTO 2022

 

 Un ano máis subimos ata arriba. Esta vez non saímos andando dende o cole senon dende a casa Forestal de Oia camiñando pola Serra da Grova. Pasamos polo castro de Chavella e chegamos ao Dado da Grova.

De volta camiñamos ata o Curro da Valga. Despois quedamos alí facendo cabañas e as dúas recolleounos o autobús. (Nicolás 6º)

aquí tes a ruta x si te apetece repetila coa túa familia

 

Powered by Wikiloc

BRILÉ COOPERATIVO EN 4º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de cuarto de primaria están a xogar ao BRILÉ, pero non un brilé competitivo, máis ben un brilé cooperativo. O número de xogadorxs, a forma de elexir os euqipos e as tácticas a seguir durante o partido axudarannos a participar e divertirnos todxs xuntxs. VAMOOOOSSSS!!!

 
 
 

BALONMÁN NAS AULAS

O Mecalia Atlético Guardés e o Valinox Novás desenvolven un programa conxunto para as escolas deportivas. Os dous clubes irán da man nas visitas aos colexios, xornadas de iniciación e máis actividades destinadas á captación de nenxs.
 
Esta semana recibimos a visita destes grandes deportistas no colexio de Oia. Fixemos unhos xogos de adestramento e comprendemos a importancia do traballo en equipo. Agora toca seguir practicando, ánimo rapaces e rapazas.

FIN DE CURSO

 

Chegamos ao final deste marabilloso curso e decidimos agasallarnos mediante o xogo do amigo invisible.

Sen dúbida, foi unha experiencia fantástica. Xa que todas e todos preparamos con moito cariño o agasallo do noso compañeiro/a.

 

Feliz verán!Sorriso

 

 

RESULTADOS DA VALORACIÓN DO PROXECTA+ DONAS DE SI

Chegamos ao fin deste marabilloso curso e polo tanto quixemos valorar e avaliar o traballo efectuado relacionado co Proxecta+: Donas de si "Valiosas". Xa que só desta forma podemos inserir propostas de mellora de cara a vindeiros cursos ou proxectos.

Para avaliar o proxecto empregáronse dúas escalas de valoración: unha para o alumnado e outra para o profesorado participante. Os resultados obtidos poden visualizados descargando o arquivo adxunto.

Contacontos María Casares

Hoxe foi un gran día, xa que desfrutamos dun contacontos que formará parte dos libros da colección de Mulleres Galegas e que se encaixan dentro do Proxecta+: Donas de si “Valiosas”.

Neste caso, tal como nos informaron os autores publicarase en breves o de María Casares. E nós tivemos a sorte de contar coa primicia:

 

 

    

 

Que ben o pasamos! Ata aprendemos a facer caricaturas.

SAÍDA A FINDA MOREIRAS

As nenas e nenos de 3º, 4º e 5º de E.P.  efectuaron unha saída a Finca Moreiras en Mougás (Oia), onde puideron gozar dunha xornada marabillosa con cabalos.

A continuación poden visualizar un pequeno resumo da mesma:

 

 

Foi un día marabilloso!!!

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

Arranca o noveno programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de OVOS RECHEOS da man de Violeta, de 4º de Primaria. 

Pero antes de comezar... 

Sabedes onde se orixinaron os ovos recheos?

A orixe do prato pódese ver en receitas de ovos cocidos e sazonados que se remontan á antiga Roma, onde tradicionalmente servíanse como primeiro prato. O prato é popular en Europa e América do Norte pero aí onde os vemos, son un prato de ilustre historia. Podemos remontarnos ata o Século de Ouro para ver a versión de ovos recheos.

 
 
Bo proveito!
Distribuir contido


by Dr. Radut