Skip to Content

4º primaria

Saída A Guarda

O pasado luns 27 de novembro realizamos unha saída a A Guarda. Nada máis chegar visitamos o castelo de Santa Cruz onde arendimos moitas cousas sobre castestelos e as súas variantes e as invasión portuguesas do século pasado.

A continuación baixamos ata o concello onde tivemos a oportunidade de ollar as pinturas de Emilio Alonso Freire.

Ao rematar e despois dun paseo polas rúas da vila, visitamos as Praza de Abastos para revisar como vai a economía e o mercado un luns de outono.

A merenda fixémola no auditorio de San Bieito, pero foi rapidiña porque nos esperaba Teresa no Museo do Mar (Atalaia) para explicarnos as diferentes artes e ferramentas de pesca que se utilizan na Guarda e na zona do Baixo Miño.

 

Tolemias Inimaxinables

Primeiro programa de "Tolemias Inimaxinables", o programa realizado polxs alumnxs de 4º curso de Ed. Primaria do CEIP Mestre Manuel García (Oia). Neste espazo xs alumxs desprázanse á praia de Oia onde realizarán unha entrevista a un ser moi especial. Para rematar escoitaremos unha canción dun personaxe moi familiar para todxs. A voar coas ondas de Radioa Arrabal.

VISITAMOS O ARRABAL CON CRISTINA PIZÁN

Saímos dende o colexio para facer un percorrido polos arredores. Visitamos Chavella, O Arrabal, A Picota e a Capela de San Sebastián sempre acompañados pola dama do século XV Cristina de Pizán. Axudamoslle a buscar a "Cidade das mulleres" e estamos seguros de que ben podía estar en Oia esa utópica poboación. Seguiremos investigando sobre as mulleres e os traballos tan importantes que facían e o pouco recoñecidos que eran. Viva a igualdade!!!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> CRISTINA PIZAN

VOLEY BALL XOGADE

Neste trimestre o traballo de educación física está basado en REDES E RAQUETAS. A través do programa XOGADE recibimos a Santi, técnico de balonvolea, que nos ensinou técnica, táctica e cooperación a través deste bonito deporte.

Tamén temos un paquete de raquetas e pelotas que nos cedeu a Federación Galega de Tenis. Estamos utilizando este material para practicar e xogar ao tenis.

ADIANTE CO DEPORTE!!!

BICIS XOGADE

Repetimos, en colaboración co club ciclista TEAM OIENSE, as xornadas de bicicletas no colexio. Participaron as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º. Empezamos o venres, coincidindo co paso da volta ciclista a Galicia por Oia, e rematamos este pasado luns. Fixemos un circuito bastante técnico e difícil de superar sin penalizacións. Unha vez que practicamos fixemos unha pasada cronometrada. Foi xenial!!!

Moitas grazas a todas e todos por traer as bicis e compartilas coas compañeiras e compañeiros.

Álbum: CURSO 2022-2023 -> BICIS XOGADE

DÍA MUNDIAL DA RADIO NO ARRABAL

Dende o 13 de febreiro de 2011 vense celebrando, promovido pola UNESCO, O DÍA MUNDIAL DA RADIO. Onte 13 de febreiro na RADIO ARRABAL sumámonos a esta celebración coa emisión en directo dun programa especial. Especial polo seu contido e por ser no que máis alumnado interviu. As nenas e nenos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º foron os protagonistas desta emisión. Disfrutadea e estade moi atentos para responder á pregunta do concurso. FELIZ DÍA DA RADIO e bo entroido!!!

 

CARNET SPIDER

Empezamos o novo ano cun reto para os recreos de boulder: o carnet de spider. Para conseguilo terás que  acudir aos adestramentos de boulder polo menos 5 veces e a recompensa estará asegurada. Anímate a participar!!!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Carnet spider

OBRADOIRO DE RAP

XOGADE A BALONMÁN

A través do programa XOGADE e co apoio do club balonmán guardés, vimos impartindo unhas sesións de balonmán no curso de 4º de primaria. O encargado de dar a clase é Fabio, entrenador do Guardés e gran coñecedor da realidade escolar da nosa zona. Propúxonos xogos para aprender a levar o balón, colocarnos no campo, atacar e defender nos partidos, etc. Sempre moi atentos os nenos e nenas de 4º disfrutaron e aprenderon non só a técnica sinon tamén a actitude positiva que transmite este deporte. Esperemos que se repitan estas clases. VIVA O BALONMÁN!!!

 
 

BOULDER EN OIA

Comezamos o terceiro ano de BOULDER EN OIA e cada vez estamos máis motivados con esta actividade. Sendo Oia un lugar de referencia para a escalada en Galicia, o noso colexio quere contribuir a fomentar este deporte de aventura. Durante os recreos e parte da hora de ler, o alumnado de 4º, 5º e 6º, participa en xogos e escaladas para ter máis horas de actividade física no colexio. Anímate e participa...contamos contigo!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut