Dentro do PDI deste curso 2016-2017, desde a aula de apoio, traballamos o máxico e fascinante mundo das artes escénicas: “Silencio! … se rueda”.
Os Mestres de A.L e P.T. programamos una serie de actividades tendo en conta os obxectivos propostos na programación. A continuación facemos una breve descrición das mesmas:
- O alumnado de Primeiro de Primaria, xunto a ao de Audición e Linguaxe fixeron unha adaptación do conto “EL OTOÑO DEL ÁRBOL CASCARRABIAS”. Fixemos a lectura deste conto e do conto “EL ÁRBOL QUE NO TENÍA HOJAS” e os nenos e nenas escolleron as personaxes que máis lle gustaban e fixemos unha pequena adaptación dos contos para ser representada a través dun teatro de monicreques.
Cada alumno escolleu unha personaxe e creouno con diferentes materiais axudados por dous alumnos de 3º de Primaria: debuxo, coloreado, papeis de distintas texturas, goma eva, paus de cores, ceras, témperas, pegatinas,…
Elaboramos o decorado axudados por un alumno de 6º de Educación Infantil.
Memorizaron os diálogos e preparamos a representación da obra para actuar diante de todo o alumnado do Centro o día do Libro na nosa biblioteca.
- Pretendiamos crear unha curta coa técnica de Stop Motion sobre o libros de Carlos Casares titulado “O galo de Antioquía”. Antes de traballar co libro, realizamos un pequeno proxecto documental sobre a lenda da “Lagoa de Antela” que é de onde xurde a historia deste galo. Para elo empregamos unha webquest que guiou todo o proceso, sendo o produto final deste traballo documental un cartaz que con realizade aumentada nos ofrece información audiovisual sobre a lenda e orixe do galo de Antioquía.
- Seguimos avanzando no coñecemento da obra de Carlos Casares para o cal realizamos unha pescuda de información empregando códigos QR que resultou moi motivadora para o alumnado.
- Para avaliar todo o aprendido, gamificamos a avaliación a través da ferramenta da web 2.0 de Kahoot.
Foi unha mágoa que o produto final que pretendiamos elaborar non chegara a bo témino, xa que por falta de tempo non fomos quen de realizar a curta. … pero para o ano próximo será coa primeira actividade que comecemos para darlle continuidade ao traballado este curso.