![](https://lh3.googleusercontent.com/pw/AMWts8BxA4Y1rRFqETA43EotvgsxK8Zp6_qZN75KlYhrwxgyXi5ULxj3JwiVxEnWHgTBb8QjflKCg5ycCR_q48TY-pP9giL53WpTaS1YrYfDZtMYiyMewcMKpaKscj7nsRzlKeKmYH3oos4_XJq6pTQ_K6XadA=w1000-h332-no?authuser=0)
Durante o mes de febreiro de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo da eficiencia enerxética centrándose na reciclaxe, redución e reutilización se levaron a cabo diversas actuacións.
- Traballo con conceptos relacionados coa eficiencia enerxética.
- A redución de produtos, reciclaxe e reutilización.
- As actividades que se levaron a cabo foron as seguintes:
- Intentar reducir un 10% o consumo de papel no CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro.
- Reciclar lixo producido no centro educativo.
- - Papel (contedor azul).
- - Iogures e envases do recreo e do comedor (contedor amarelo).
- Reutilizar diversos elementos de refugallo para crear producións.
- - Elaboración dun mural que se atopa na porta do colexio con tapóns.
- - Elaboración dun maio con produtos de refugallo.
- Realización de carteis informativos sobre o uso dos medios de transporte públicos.