Actividades

namorados 2011

     
     

Paz bilioteca

 

 

CONTAMOS COA PAZ

 
     

No corredor do centro poderás atopar algúns títulos interesantes!

 
 

 

 

bosque contos

 

 

 

O BOSQUE DOS LIBROS

 

 
     
 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

AXUDANTES DA BIBLIOTECA

           Ola amigos!!!     Estou por aquí de novo para informarvos de que a partires deste mes contamos cuns  Axudantes na Biblioteca, serán algúns alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria.
Estarán dous na biblioteca cada Mércores e Venres. O seu labor será axudar a que se cumpran as normas e tamén  podedes aproveitar para facerlles algunha consulta.
A continuación aparecen dous documentos: unha guía coas funcións dos axudantes e o calendario de axudantes, para saber que día está cada un deles. 
                              
Ata pronto e lembrade...       VÉMONOS NA BIBLIOTECA! 
 

Mochilas viaxeiras

 

 MOCHILAS VIAXEIRAS

 

 

 Carta ás familias

  AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Apúntate¡¡¡

Mochilas viaxeiras

Queridas Familias:

Cando abrimos un libro abrimos unha fiestra ao mundo, porque grazas a el temos nas nosas mans a ocasión de viaxar, de coñecer, de aprender, de imaxinar e de comprender a realidade que nos rodea.

Durante a infancia, a familia é o principal referente en todos os ámbitos polo que debe selo tamén no exercicio da lectura; por este motivo, este curso iniciamos unha nova actividade de Fomento da Lectura, dentro do Proxecto Lector do Centro. Trátase das “MOCHILAS VIAXEIRAS”, que irán de casa en casa con lecturas para compartir con ilusión pais, fillos, avós... “Se ti les, eles tamén”

Os materiais incluídos están pensados para que sexan do agrado de todos vós e confiamos en poder acadar os obxectivos para os que foi deseñada esta campaña.

Inclúense:   1 CD interactivo, 1 CD de música, 1 libro de literatura para adultos, 1 revista para adultos, 1 revista en inglés, 1 libro de literatura infantil en galego, 1 libro de literatura infantil en castelán, 1 libro de banda deseñada e 1 revista infantil. (A selección irá máis detallada no interior das MOCHILAS)

Como veredes xunto cos materiais mandamos tamen o “CADERNO VIAXEIRO”  para que cada familia aporte as súas impresións e suxerencias sobre a actividade, os materiais, o libro que máis lle gustou... incluso algún debuxo que ilustre unha sensación, un pensamento. En fin, o que queirades (dúas páxinas por neno/a).

Para levar a cabo esta actividade NECESITAMOS QUE NON O VEXADES COMO DEBERES,  senón como un xeito de compartir e gozar cos libros en FAMILIA.

As mochilas entregaranse os mércores e terán que ser devoltas os martes da seguinte semana para pasarllas aos seguintes alumnos/as. Establecerase unha quenda en cada aula e o mestre/a comprobará o bo estado do material cando a mochila sexa entregada. O alumno/a debe coidar estes materiais posto que todos os lectores queren desfrutar do perfecto estado das obras, SON DE TODOS E DE TODAS. CÓIDAOS E RESPONSABILÍZATE!!

 

            Esperamos a vosa colaboración, convencidos de que o esforzo incidirá moi positivamente na educación dos vosos fillos/as.     

Guía de Lecturas para o Nadal