Actividades

Crea o teu conto

Para celebra a Semana do Libro  o equipo de biblioteca propónvos que vos convirtades en escritores.

Creade a vosa historia e enviádea para que a publiquemos no blogue da biblioteca.

Como pode ser a historia?

  • Podes escribir o teu conto nun folio e despois sacarlle unha foto co móbil.

  • Podes escribir a túa historia nun documento de texto no ordenador.

  • Podes facer un cómic ou un conto con debuxos.

  • Podes contar a historia de forma oral e grabar a túa voz ou en video e engadir debuxos da historia.

Sobre que pode tratar o conto?

O tema é libre , sobre o que mais vos apeteza.

Tamén vos suxerimos que vos inspiredes na epidemia do COVID19 e deixedes voar a vosa imaxinación.

Hai algunha norma para participar?

  • A historia ten que ter un título.

  • Pode escribirse en calquera das linguas que traballamos no colexio.

  • Pode realizarse individualmente ou en colaboración. En ambos casos o final da historia deben aparecer os nomes dos autores.

Como envío os contos?

Podes envialos por correo electrónico os seguintes correos:

ceip.joaquin.rodriguez@edu.xunta.gal

ceip.jro@gmail.com

   

AS VOSAS OBRAS

O final do coronavirus

 

Día da biblioteca 2019

O 24 de outubro celebramos o Día da bibliteca coa lectura polo alumnado de 6º do manifesto , presentación do proxecto anual da biblioteca e o reparto das mochilas viaxeiras.

Día do Libro

Actividades realizadas o Día do Libro.

Recetario do Entroido

Tedes á vosa disposición na biblioteca do centro o recetario elaborado coas recetas tradicionais que os alumnoa aportaron neste Entroido.

Probade a cociñalas vos mesmos.

Video do recetario.

A viaxe de Maruxa

Os alumnos de 6º de educacióin primaria contaronnos esta fermosa historia creada por eles.

Podes ver o conto clickando neste enlace.

Batalla de naipes

Contacontos realizado polos alumnos de 1º e 2º de primaria.

OBRADOIRO DE CIENCIA MUSICAL

Recementemente visitounos o compositor vigués Mateo Mena para impartir un obradoiro de ciencia musical ó alumnado de 4º, 5º e 6º  de primaria. Mateo está especialidado en música electroacústica e ensinou ós rapaces e rapazas a xerar sons con medios puramente electrónicos, tales como cables, pilas, osciladores, ou altofalantes reciclados.