Crea o teu conto

Para celebra a Semana do Libro  o equipo de biblioteca propónvos que vos convirtades en escritores.

Creade a vosa historia e enviádea para que a publiquemos no blogue da biblioteca.

Como pode ser a historia?

  • Podes escribir o teu conto nun folio e despois sacarlle unha foto co móbil.

  • Podes escribir a túa historia nun documento de texto no ordenador.

  • Podes facer un cómic ou un conto con debuxos.

  • Podes contar a historia de forma oral e grabar a túa voz ou en video e engadir debuxos da historia.

Sobre que pode tratar o conto?

O tema é libre , sobre o que mais vos apeteza.

Tamén vos suxerimos que vos inspiredes na epidemia do COVID19 e deixedes voar a vosa imaxinación.

Hai algunha norma para participar?

  • A historia ten que ter un título.

  • Pode escribirse en calquera das linguas que traballamos no colexio.

  • Pode realizarse individualmente ou en colaboración. En ambos casos o final da historia deben aparecer os nomes dos autores.

Como envío os contos?

Podes envialos por correo electrónico os seguintes correos:

ceip.joaquin.rodriguez@edu.xunta.gal

ceip.jro@gmail.com

   

AS VOSAS OBRAS

O final do coronavirus

 
AdxuntoTamaño
Video sev-2.flv7.3 MB