Biografía Ramón Piñeiro.

 




 



Día das Letras Galegas 2009  

 




Ramón Piñeiro López

 

( Láncara-Lugo , 1915 / Compostela ,1990)




 



 

Ramón Piñeiro López naceu en Láncara (Lugo)
en 1915. Despois de cursar na capital da provincia o Bacharelato elemental,
volta á súa vila para axudar nas tarefas agrícolas familiares e en 1930 comeza
a traballar en Sarria. En 1931, ano da proclamación da República, terá a
oportunidade de asistir nesta vila a diferentes actos electorais. Un ano
despois Piñeiro regresa a Lugo para estudar o Bacharelato superior e, influído
por un mitin do recén creado Partido Galeguista, Ramón participaría na creación
da Mocedade Galeguista de Lugo, sendo elixido secretario de Cultura (máis tarde
chegaría a desempeñar o cargo de presidente). A partir deste momento Piñeiro
entra nun período de intensa actividade política que o levaría a exercer en
1936 como secretario do Comité Provincial do Estatuto de Autonomía organizado
polo Partido Galeguista.

  Tras a guerra civil comeza a
cursar Filosofía e Letras en Compostela e Madrid. Porén, Piñeiro, máis
preocupado pola reagrupación clandestina do galeguismo, abandonaría definitivamente
estes estudos. Cando a finais de 1945 os nacionalistas cataláns, bascos e
galegos deciden tratarco goberno republicano exiliado en Francia, Piñeiro será
designado como representante galego naquela xestión. De regreso sería detido e
condenado a seis anos de prisión, dos cales cumpriría tres, de 1946 a 1949. Xa
libre, Piñeiro voltará a Galiza e desde entón vaise esforzar en mudar
radicalmente a estratexia galeguista, prescindindo da opción política e
reducíndoa cara á intervención cultural, o que provoca a desvertebración do
Partido Galeguista. Froito deste posicionamento, coñecido como
"piñeirismo", será a fundación en Vigo de Galaxia (1950), a primeira
iniciativaeditorialgaleguista de posguerra. Como director desta empresa e
codirector da revista Grial, Piñeiro dedicarase á promoción e difusión
da cultura galega.
A súa breve produción ensaística  ten como punto de partida o pensamento
filosófico: Siñificado metafísico da saudade (1951), Pra unha
filosofía da saudade
(1953), A saudade e Rosalía (1962)...
No ano 1967 ingresa na Real Academia Gallegacun discurso titulado
A lingoaxe i as língoas
(1967). Xa en época democrática sae eleito deputado
independente do Parlamento de Galiza polas listas do PSdeG-PSOE e desde 1983
até a súa morte, acontecida en Compostela en 1990, Ramón Piñeiro será
presidente (o primeiro) do Consello da Cultura Galega.




 



OBRAS




A filosofía i o home

A lingoaxe i as língoas

Pra unha filosofía da saudade

Lembrando a Castelao

Olladas no futuro

A saudade e Rosalía

Filosofía da saudade

Da miña acordanza