Actividades

Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) reunímonos na biblioteca para ver o conto de Arturo e Clementina e fixemos actividades relacionadas coa historia durante toda a semana. Tamén visionamos o vídeo elaborado polo Concello de Malpica no que participamos.

Samaín na biblioteca

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA: 8 DE MARZO

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora. Dende o colexio, leváronse a cabo diferentes actividades para conmemoralo. Unha delas é o xogo de adiviñas do que a continuación se mostra unha imaxe. Aínda estades a tempo de participar, animádevos!

Para máis información sobre o Día Internacional da Muller Traballadora, preme na imaxe.

 

 

 

 

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de Febreiro do 2015 cumpríronse 178 anos do nacemento da escritora e poetisa galega Rosalía de Castro, autora de poemarios como Cantares Gallegos e Follas novas.

Dende o colexio fíxoselle unha homenaxe. As alumnas e alumnos leron e cantaron varios dos seus poemas e viron unha presentación sobre a súa biografía. Para isto, contouse co traballo e coordinación da biblioteca, música, Normalización Lingüística e TICs.

 

 

 

 

 

ACHÉGASE O ENTROIDO!

PREME SOBRE AS DIFERENTES MÁSCARAS PARA ACCEDER AOS XOGOS SOBRE O ENTROIDO.

 

 

 

 

DÍA DA PAZ

PREME NA POMBA PARA VER O VÍDEO

MURAL DE DESEXOS POLA PAZ REALIZADO POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DO CENTRO.

XOGOS DE NADAL

 
 
Gifs Animados Navidad (151)

PREME NO DEBUXO DA NEVE PARA XOGAR