HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de Febreiro do 2015 cumpríronse 178 anos do nacemento da escritora e poetisa galega Rosalía de Castro, autora de poemarios como Cantares Gallegos e Follas novas.

Dende o colexio fíxoselle unha homenaxe. As alumnas e alumnos leron e cantaron varios dos seus poemas e viron unha presentación sobre a súa biografía. Para isto, contouse co traballo e coordinación da biblioteca, música, Normalización Lingüística e TICs.