Skip to Content

Departamento de Orientación

FOMENTANDO O BENESTAR EMOCIONAL

CORREO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

A partir de agora, para calquera consulta no Departamento de Orientación, podedes dirixirvos a:

orientacion.ceip.galan@edu.xunta.gal

Un saúdo

O departamento de orientación

 

AS NOVAS TECNOLOXÍAS E OS NENOS/AS

XORNADA DE ACOLLIDA PARA O ALUMNADO E FAMILIAS DE 6º DE E.INFANTIL.

O venres 10 de maio celebramos a Xornada de Acollida do alumnado que vén para 1ºde Primaria o vindeiro curso.

Asistiron os nenos e nenas  das Escolas de Infantil de Barrionovo e Vilarrodís coas súas mestras e familias, e tamén da gardaría Vagalume.

Esperamos que a actividade fose alegre e ilusionante para os nenos e nenas, e por suposto de achegamento ao que vai a ser o seu centro no mes de setembro.

O alumnado realizou na biblioteca do centro un debuxo, que se colgará no taboleiro do hall en setembro, se lles entregou unha camiseta, visitaron unha aula de primeiro, a aula de música, na que coñeceron a Sandra, a mestra de música e cantaron unha canción.

As familias tiveron información do centro da man da directora e xefa de estudos. E xa por último xuntámonos no comedor e pasamos todas e todos xuntos un intre en convivencia.

Foi unha xornada moi agradable. Agardámosvos en setembro!!!

 

PLAN DE ACOLLIDA: INVITACIÓN

Estimadas familias do alumnado de cinco anos:

O vindeiro día 11 de maio de 2018 están convidadas a visitar o CEIP de Galán: E.I de Barrionovo, Vilarrodís e Gardaría Vagalume, acompañando aos seus fillos e ás súas fillas.

A visita forma parte do Plan de Acollida para o alumnado que reservou praza no noso centro e para alumnado de novo ingreso. Dita visita está organizada polo Dpto. de Orientación e polo profesorado das escolas adscritas.

O horario será de 9:30 a 11:30 da mañá. Agardamos a súa presenza.                                   

                                                                                 

 

COIDEMOS O NOSO COLEXIO

Estimadas familias:

Xuntamos un díptico acerca do coidado do centro coa finalidade de recordar a súa historia, valorar os logros acadados ao longo de todos estes anos e a necesidade de transmitir aos novos membros da comunidade educativa a importancia de traballar xuntos cara á súa mellora.

Tamén aproveitar a ocasión para educar aos alumnos e ás alumnas na obriga cívica que teñen de coidar, respectar e valorar os bens comúns que comparten.

Nas titorías faranse traballos específicos acerca do tema. Podedes ver no arquivo adxunto a unidade didáctica.

Haberá unha exposición na entrada do centro que se publicará na páxina web.

Agradeceríamos que deixen ideas e propostas de mellora na caixa de suxestións instalada na planta baixa.

Traballemos xuntos por unha boa formación para todo o alumnado co centro.

Premede na imaxe para ver o díptico.

                                                           COIDEMOS O NOSO COLEXIO

 

TRÁTATE BEN E TRATÉMONOS BEN

Premede na imaxe para acceder ao tríptico elaborado polo departamento de orientación; tríptico relacionado co Plan de Mellora da Convivencia.

                                               TRABALLAMOS XUNTOS

Distribuir contido


by Dr. Radut