Xa tedes á vosa disposición na web do Seminario Galán numerosa información sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, 2014, Xosé María Díaz Castro (biografía, fotos, dípticos...) así como diferente material didáctico, en PDF e en rede para os tres ciclos de educación primaria e educación infantil.
Un ano máis celebramos o entroido e o colexio encheuse de pallasas, magas, domadores, malabaristas...
Antes do habitual desfile, o alumnado foi pasando polo Photocall do Circo Galán para retratarse. A continuación podedes ver unha breve presentación das fotos; premede na imaxe.
O xoves 30 celebramos no colexio o Día da Paz. Cada aula decorou o seu paraugas con motivos relacionados con este día. Ademais, houbo sorrisos por todo o centro para regalar...
A semana pasada celebramos no colexio o Samaín. Houbo cabazas, disfraces, elementos arrepiantes polos corredores, teatro e música para o alumnado de Barrionovo... A continuación vos deixamos unha ligazón para que vexades un vídeo da visita:
O pasado día 21 de xuño celebrouse no colexio o festival de fin de curso. Sobran as palabras, así que vos deixamos unha ligazón onde podedes ver anacos da celebración.