Skip to Content

I ENCONTRO CEIP ROSALÍA DE CASTRO - CEIP de GALÁN

Curso 2016/2017.

O pasado luns, 29 de maio o alumnado de 5º realizou o I Encontro de convivencia co  CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, localidade na que pasou a súa infancia Carlos Casares, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano.

Neste primeiro encontro realizáronse diferentes actividades como a visita ao Museo do Entroido, percorrido pola localidade, visitando a Praza de Carlos Casares, a Praza Maior e o antigo cárcere, reconvertido en Escola de Música. Ademais participaron en obradoiros dirixidos polo propio alumnado do centro no que se elaboraron boliñas antiestrés utilizando globos e arroz.

E que contan os nenos e nenas de Galán participantes nesta iniciativa?

Pois..."que lles encantou este colexio de Xinzo no que a figura de Rosalía estaba por todos os currunchos do mesmo, que descubriron os distintos disfraces de Galicia e as pantallas de Xinzo, que a comida estaba moi rica, que puideron coñecer as rúas dunha vila tan fermosa, que...en definitiva fora un día xenial".

Hoxe venres, 9 de xuño, os escolares de Xinzo devolveron a visita.

A media mañá foron recibidos no CEIP de Galán e participaron nun obradoiro de coiro, elaboraron chaveiros coas iniciais do seu nome, posteriormente desprazáronse ao litoral, facendo un percorrido a pé dende a praia de Repibelo ata Sabón, acompañados do seu profesorado e de Ramón, persoal de Medio Ambiente. A ruta a pé foi preciosa!

A visita finalizou cun xantar de confraternidade no centro.

O CEIP de Galán quere salientar a colaboración do Concello de Arteixo nestas actividades e agradecerlle a súa boa disposición e axuda prestada.

Premede aquí para ver o vídeo (Parte I).

 

Premede aquí para ver o vídeo (Parte II).

 



page | by Dr. Radut