Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Consello Escolar

Renovación Consello Escolar: PARTICIPA !!!

Estimada nai/pai/representante legal dos/as nosos/as alumnos/as:

Este mes de novembro temos que renovar o Consello Escolar.

O consello Escolar do centro é o organo a través do cal participan na súa xestión os distintos membros da comunidade educativa.  Para unha mellora real no funcionamento do CEIP é moi importante contar coa representación das familias, e, actualmente hai tres vacantes sen cubrir.

Hoxe constituiuse a Xunta Electoral que organiza e supervisa o proceso.

Animámosvos a presentar candidaturas e tamén a votar!!

Os prazos son os seguintes:

 

  • PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS COMO REPRESENTANTE DE NAI/PAI/TITOR-A LEGAL: DO 5 AO 16 DE NOVEMBRO.(modelo en arquivos adxuntos)

 

  • XORNADA DE VOTACIÓNS DE REPRESENTANTE DE NAI/PAI/TITOR-A LEGAL: 25 DE NOVEMBRO (XOVES) no seguinte HORARIO: De 08:30 a 09:30; de 13.30 a 14.30; de 16:00 a 18:00H. Lugar: salón de actos do CEIP.

O censo está exposto no taboleiro interior da entrada principal ao CEIP. 

O 17 de novembro ás 10:30 no salón de actos do CEIP realizarase o sorteo público para as mesas electorais.

Seguiremos informando sobre o proceso.

Participa!!

 

 

 

Renovación parcial do Consello Escolar

No Diario Oficial de Galicia de 8 de outubro de 2018, publícase o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, polo que se realizará proximamente neste centro a renovación parcial do Consello Escolar, instrumento de participación na vida do colexio de toda a comunidade educativa. As votacións tanto de profesorado como das familias será entre o 26 e o 30 de novembro de 2018.

Lembramos que o Consello Escolar está formado por:

  • Directora (Presidenta).
  • Xefa de Estudos.
  • Secretaria.
  • 5 mestres/as (Elixidos polo Claustro).
  • 5 pais/nais (4 elixidos polos pais/nais e 1 proposto pola ANPA).
  • 1 representante do Concello (a proposta do mesmo).
  • 1 representante de servizos.

Nestas eleccións haberá que elixir tres representantes de nais/pais ou titores legais.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut