Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Plans e proxectos

30 XANEIRO - DÍA ESCOLAR DA PAZ

O CEIP de Fontes-Baíña solicita a colaboración das familias para a celebración do DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ no centro. Nesta ocasión, haberá que recortar unha imaxe dun xornal, revista, folleto... logo pegala na nave espacial e escribir unha palabra, frase, pareado... que esa imaxe vos suxira e que teña relación coa PAZ. 

TEATRO: Memorias dun neno labrego

O pasado venres 16 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º asistiu ao espectáculo de Cándido Pazó "Memorias dun neno labrego" no Auditorio V Centenario de Baiona. Trátase dunha adaptación ao teatro da novela de Xosé Neira Vilas, na que se representan varias das historias de Balbino, o protagonista de Memorias dun neno labrego.

 

 

SEMANA DA FROITA

 

Durante a vindeira semana, do 12 ao 16 de xaneiro, o alumnado terá froita fresca para almorzar no recreo. Teremos tres semanas máis de forita de aquí ata o final de curso, que iremos informando.

 

IMOS AO TEATRO

Do 12 ao 15 de xaneiro, a compañía Blue Mango Theatre chegará ao Centro Cultural de Vigo para presentar Spinderella, unha divertida comedia en inglés dirixida a escolares de 3º ciclo de educación primaria.

NADAL NO CEIP DE FONTES

 

Aquí vos deixamos a presentación sobre o Nadal no cole.

Sigue este enlace.

 

RECOLLIDA DE XOGUETES

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES

REPRESENTACIÓN TEATRAL

 

A compañía "As Tartarugas de Fontes" presentarán a obra de teatro "O punto da escarola" en varias representacións:

MAGOSTO

Por fin puidemos celebrar o MAGOSTO o pasado día 19 de novembro.

Aquí vos deixamos a presentación feita pola profe Cris para que vexades que ricas estaban as castañas e o ben que o pasamos.

Magosto

 

Por mor do mal tempo, queda cancelado o MAGOSTO que se ía realizar mañá martes día 4.

 

Posiblemente, e se as condicións climatolóxicas o permiten, celebrarase o vindeiro martes día 11 de novembro.

Lembrade traer as castañas cunha fenda.

Visita do Conselleiro de Cultura e Educación

O conselleiro de Cultura e Educación comprobou o resultado das obras de renovación da cuberta do edificio do comedor do CEIP de Fontes-Baíña.

Distribuir contido


by Dr. Radut