Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

RECOLLIDA DE XOGUETES

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES

No Colexio de Fontes, todos e todas temos claro que a solidariedade é un valor moi importante que debe ser difundido entre a poboación escolar. Por iso, con motivo das festas de Nadal, o centro e a Asociación de Pais e Nais realizaron por vez primeira unha campaña de recollida de xoguetes.


A campaña solidaria, que se desenvolveu do 11 ao 28 de novembro, permitiu fomentar no alumnado a idea de compartir cos máis necesitados. A participación das familias foi un éxito e recolléronse preto de medio milleiro de xoguetes que serán destinados á ONG Baiona Ayuda al mundo necesitado, cuxa responsable Juani Alonso se encargará de repartilos.


Esta iniciativa logrou dous importantes obxectivos:
1º Concienciar aos alumnos e ás alumnas do colexio de Fontes sobre a necesidade de implicarse na axuda aos máis desfavorecidos.
2º Evitar que ningún neno ou nena quede nestas festas sen o seu xoguete.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 



story | by Dr. Radut