Skip to Content

As emocións a través da música

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Celebramos este día salientando a figura da muller no eido da música como compositoras e intérpretes e tamén tras escoitar a un grupo de pandereteiras e gaiteiros, varias nais e unha avoa interpretaron varios cantos de berce e arrolos.

O alumnado de 5º e 6º cantou "Caballito blanco" e ata Nani, a asesora do CFR, animouse a interpretar unha nana.

Vídeo das actuacións

LECTURAS SOBRE MÚSICA

Aproveitando o tema do noso proxecto "As emocións a través da música", e co gallo da celebración da patroa da Música, Santa Icía, presentamos unha escolma de obras relacionadas coa música como biografías de compositores, libros con cancións, contos con música, etc. que están na Biblioteca do centro.

Agardamos que vos guste!

NANAS, ARROLOS E CANTOS DE BERCE

Dentro do proxecto interdisciplinar que desenvolvemnos neste curso As emocións a través da música queremos invitar a todas as familias do alumnado do noso centro a recoller por escrito as nanas, arrolos e cancións de berce cos que durmiron aos seus fillos/as, netos/as, sobriños/as... e que nolas veñan cantar nunha próxima xornada co gallo da celebración do Día contra a violencia de xénero que se celebrará o 25 de novembro.

CORRE CORRE, CABACIÑA

Dentro da celebración do Samaín, o alumnado de 4º de Primaria representou o conto "Corre corre, cabaciña" que podedes atopar na Biblioteca.

SAMAÍN

Como todos os anos por estas datas, celebramos o Samaín e o noso cole encheuse de cabazas que misturaban as emocións e a música.

Ademais, tivemos a actuación do alumnado de 4º que representou "Corre corre, cabaciña" e a canción de "Tumbas, tumbas" de Infantil.

E para rematar a celebración do Samaín, o "Baile das Emocións" nos que participaron todos os cursos tanto de Infantil como de Primaria.

A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS

O pasado día 26 de outubro e co gallo da celebración do Día da Biblioteca Escolar, pedímoslle a Mª José, a nai de Adrián de 4º, que viñera a contarnos un conto.

A verdade é que llo puxemos díficil pois lle pedimos que fora unha historia que falara de pantamas e espíritus que nos dera un pouquiño de medo, xa que case estabamos en Samaín. E mirade que ben o fixo!

SONS DE OUTONO

 

Dentro do proxecto "As emocións a través da música", hoxe tratamos de crear un ambiente sonoro entre todo o alumnado do CEIP de Fontes-Baíña: os sons do outono que compartimos con todos vós.

ACHÉGASE O SAMAÍN

 

Co gallo da celebración do Samaín, pedímosvos desde o Equipo de Dinamización Lingüística que os vosos/as fillos/as traian, de xeito voluntario, unha cabaza decorada para a súa exposición que dará comezo o vindeiro luns 24 ata o venres 28 de outubro, remate da exposición e retirada das cabazas.

A temática para decoralas debe manter relación co proxecto interdisciplinar que se está a traballar para este curso: "As emocións a través da música".

Grazas pola vosa colaboración

Distribuir contido