bibliotecas

 

 

Histórico

CORRE CORRE, CABACIÑA

Dentro da celebración do Samaín, o alumnado de 4º de Primaria representou o conto "Corre corre, cabaciña" que podedes atopar na Biblioteca.

Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, mais que aínda non fora editado en galego. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence aos animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar ás tres feras.

O texto é de Eva Mejuto e as ilustracións son de André Letria, ilustrador de gran prestixio alén do Miño e gañador en varias ocasións do Premio Nacional de Ilustración de Portugal.
 


Corre cabaciña - Kizoa Editar Videos - Movie Maker