ENQUISA SOBRE O CLIMA DE CONVIVENCIA
O pasado venres día 13 de novembro repartiuse unha carta cunha clave a cada familia para respostar a unha enquisa totalmente anónima sobre a convivencia no noso centro.
Pódese acceder á enquisa a través do ordenador ou desde calquera dispositivo móbil con conexión a internet.
Lembrade que cando escribades o enderezo hai que poñer "https" (se non se pon o "s" non vai, pois o que indica é que a conexión está encriptada)
Agradecemos a vosa colaboración e participación nesta recollida de datos que axudará a elaborar un instrumento de diagnose inicial que permita identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos a nivel de toda Galicia.
http://www.edu.xunta.es/portal/Educonvives.gal
- 48 lecturas