Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Imos ao teatro ... en inglés

O alumnado de 5º de Primaria asistiu á representación de Spinderella, unha divertida comedia en inglés da compañía Blue Mango Theatre.

Cindy sempre quixo ser unha estrela do pop, mais o único momento en que pode cantar é cando está cociñando e limpando para a súa horrible irmá maior, Becky. Cando a fada madriña de Cindy, A Raíña do Karaoke, a leva a un concurso de canto, semella que os seus sonos se van facer realidade. Iso se a súa irmá Becky non o impide.

Esta emocionante comedia é unha moderna versión do clásico conto de fadas A Cincenta. O espectáculo inclúe temas como a boa alimentación, a vida activa e a persecución dos nosos sonos.



story | by Dr. Radut