Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Excursión Ao Grove

Os días 26, 27 e 28 de abril, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou a excursión de fin de curso ao Grove.

Estiveron acompañados de dúas mestras do centro e dos monitores e monitoras do Camping Os Fieitás que foi onde se aloxaron durante os tres días.

Realizaron diversas actividades: xogos na praia, snorkel, kayak, veladas nocturnas, escalada no rocódromo, baixada en tirolina...

Foi unha moi boa experiencia para coñecerse mellor fóra do contexto escolar.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Excursión O Grove


album | by Dr. Radut