Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Equipo Dinamización Lingüística

O Equipo de Dinamización Lingüística está integrado polos seguintes membros: 1. Fernández Ruiz María Lourdes 2. González Alonso María Jesús 3. Prado Abril Montserrat Coordinadora: Fernández Reinaldo Eva

PROXECTO "CONMEMORACIÓNS E OS SEUS VALORES"

PROXECTO "CONMEMORACIÓNS E OS SEUS VALORES"

Estimadas familias, durante este curso imos traballar toda a comunidade educativa do CEIP de Fontes-Baíña a prol dunha conmemoración ao mes e os seus valores.

Neste primeiro trimestre celebraremos 3 importantes datas:
-Durante o mes de outubro o Día Internacional do Neno e da Nena (20 de novembro).
-O Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) traballarase durante o mes de novembro.
-E ao longo de decembro traballaremos sobre os valores que representa o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10 de decembro).

ACTIVIDADE PARA OUTUBRO: LEMBRANZAS DA MIÑA ESCOLA

Durante as vindeiras semanas queremos coñecer as vosas lembranzas da escola de Fontes. Para elo, podedes recompilar fotos, anécdotas, materiais... que gardedes nas vosas casas e achegárnolas á escola.

24 de FEBREIRO: NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

Tal día como hoxe, 24 de febreiro, naceu ROSALÍA DE CASTRO en 1837 en Santiago de Compostela.

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria amósannos o traballo que fixeron sobre Rosalía seguindo este enlace.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MATE EN OUTONO

COA CHEGADA DO OUTONO TIVEMOS UNHA CLASE DE MATE MOI ESPECIAL CON ALIMENTOS DO OUTONO FIXEMOS EXERCIOS DUNHA MANEIRA MOI DIVERTIDA.

AO FINAL MERENDAMOS UNHA RICA MACEDONIA, BROCHETAS E ZUME DE UVA.

SAMAÍN

NADAL NO CEIP DE FONTES

 

Aquí vos deixamos a presentación sobre o Nadal no cole.

Sigue este enlace.

 

MAGOSTO

Por fin puidemos celebrar o MAGOSTO o pasado día 19 de novembro.

Aquí vos deixamos a presentación feita pola profe Cris para que vexades que ricas estaban as castañas e o ben que o pasamos.

Magosto

 

Por mor do mal tempo, queda cancelado o MAGOSTO que se ía realizar mañá martes día 4.

 

Posiblemente, e se as condicións climatolóxicas o permiten, celebrarase o vindeiro martes día 11 de novembro.

Lembrade traer as castañas cunha fenda.

Samaín en Fontes-Baíña

 30 de outubro

Procedentes das galaxias máis afastadas achéganse ata o colexio de Fontes-Baíña estranos seres cabaceiros para celebrar o Samaín connosco.

O xoves día 30 de outubro tamén houbo bruxas, vampiros e monstros que daban moito medo.

24 de outubro: Día Internacional da Biblioteca

 

 

Neste día tan especial realizamos unha serie de actividades relacionadas coa Biblioteca.

O alumnado de primeiro disfrutou do ambiente de Samaín da Biblioteca mentres a súa profe lles contaba un conto.

O alumnado de 2º a 6º tiveron a oportunidade de ver unha pelicula relacionada co proxecto deste curso, o universo, onde se resaltaban valores como a amizade e a valentía.

Distribuir contido


by Dr. Radut