Skip to Content

  Botón que abre a Web de Voz Natura   Botón do Plan Dixital             

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Equipo Dinamización Lingüística

O Equipo de Dinamización Lingüística está integrado polos seguintes membros: 1. Fernández Ruiz María Lourdes 2. González Alonso María Jesús 3. Prado Abril Montserrat Coordinadora: Fernández Reinaldo Eva

Proxecto Lingüístico CEIP Fontes Baíña 2023-2027

 

Clica na imaxe para ler o PROXECTO LINGÜÍSTICO

Samaín 2023

 

Pincha na imaxe para reproducir o vídeo

*II concurso LETRAS GALEGAS 2022*

 

A Asociación Cultural e Social de Baíña en colaboración co noso CEIP e o Concello de Baiona organiza o *II Concurso das Letras Galegas*. Nosas alumnas e alumnos inspiráronse na obra da querida artista baionesa LULA GOCE.

¡Sorte a todas e todos os participantes!

O domingo 22 de maio realizarase o acto para conmemorar o día das LETRAS GALEGAS no CEIP FONTES BAÍÑA e farase entrega dos premios aos 5 gañadores/as.

Esta semana no colexio disfrutamos dun fermoso concerto homenaxe a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.  MOITÍSIMAS GRAZAS a SAMUEL SOTO e ao Grupo de integración ARDELUME !!

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> concurso debuxo LETRAS GALEGAS 2022

Imaxinación sostible polo S A M A Í N

Para ver os traballos realizados polo SAMAÍN preme nos enlaces:
 
 
 

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2021

Co gallo das Letras galegas 2021 a Asociación Cultural e Social de Baíña organizou un concurso de debuxo inspirado na obra de CAÍNO.

O sábado 15/05 ás 12:00 h no pavillón do colexio, seguindo as medidas de hixiene e seguridade, realizouse un fermoso acto coas seguintes actuacións:

 

  • Exposición dos debuxos realizados polos nosos/as alumnos/as
  • Actuación do grupo de integración ARDELUME.
  • Presentación da canción adicada a XELA ARIAS por SAMUEL SOTO con Ardelume.
  • Presentación do libro de CAÍNO VASCONCELLOS: "Os ollos no tempo", por Anxo Lemos.
  • Entrega de premios aos mellores 8 debuxos:

 

1º premio: MARÍA  CRUZ ESTÉVEZ MARCOTE - VECIÑA de BAÍÑA

2º premio: IRIA VILA ÁLVAREZ - 2º EP

3º premio: TAIS BLACH RODRÍGUEZ - 6º EP

4º premio: UXÍA RODRÍGUEZ ANDRÉ - 6º EP

5º premio: CARMEN PÉREZ DA CUÑA - 5º EP

6º premio JULIA MUÑOZ SILVA - 6º INFANTIL

7º premio: ALEIX LORENZO VILA - 4º EP

8º premio: MIGUEL GIL GONZÁLEZ- 1º EP

 

Noraboa a todos a e a todas: participantes e premiados!!

Grazas á Asociación Cultural e Social de Baíña, a Caíno, Anxo Lemos, Samuel Soto, Ardelume, Baíña en rede, Concello de Baiona, alumnado e familias! 

É un orgullo para o CEIP abrir as portas ao ARTE e á CULTURA de Baiona.

 

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> CONCURSO LETRAS GALEGAS 2021

24 DE FBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

Como cada ano, o 24 de febreiro celebramos o día do nacemento de Rosalía de Castro. No seguinte vídeo recóllese o traballo de todo o noso alumnado para festexar esta importante data!!!

 

MAGOSTO 2020

CON RICOS MAGOSTOS 

E CONTOS FERMOSOS

¡FELIZ SAN MARTIÑO!

FARTO E ENTRETIDO

GRAZAS A NOSA ANPA POR ASAR RICAS CASTAÑAS

E ACOMPAÑARNOS NUN MAGOSTO FRÍO PERO ENTRETIDO!

VIII Certame RELATO CURTO

Estimadas familias:

Adxunto mostramos as BASES para participar no

VIII Certame de RELATO CURTO

Animádevos a participar!  Estimula o uso do GALEGO nas familias, fomenta a creatividade e potencia a expresión e a comprensión escrita! Os relatos gañadores e finalistas publicaranse nun LIBRO que se edita e remite ó colexio. No 2019 quedaron finalistas 5 nenas e nenos do noso colexio:

  1. Rafael Roger Moes González-Finalista destacado
  2. Marina Cabral García
  3. ARTAI COSTAS FRAGUEIRO- Actual alumno de 6º de EP.
  4. Jorge Giráldez Zapatero
  5. Abril Rodríguez Cabral

NORABOA !!

Podedes remitir os relatos co nome apelido, curso e pseudónimo do alumno/a participante ao correo electrónico da vosa TITORA ou ao mail do colexio:

ceip.fontes.bainha@edu.xunta.es

O prazo de presentación dos relatos AMPLÍASE ata FINAIS DE ABRIL!

Para máis información fai clic en: RELATO CURTO

ANIMÁDEVOS a PARTICIPAR!

SESIÓN DE CINE

 

Para conmemorar a festa da ARRIBADA da carabela Pinta a Baiona

viñemos o cole vestidos para a ocasión e tivemos un sesión de cine moi especial… Con palomitas!

A película elexida foi

BRAVE - VALENTE

Para rematar a sesión, a profe GEMA- ensinounos unha Danza Medieval a todas e a todos xuntos no patio do colexio.

Foi xenial!

 

 

 

Visita do apalpador

Grazas as ANPAS do CEIP FONTES BAIÑA e o CPI COVA TERREÑA!

A visita do Apalpador foi todo un éxito!

Grazas a Manu Girondo!

Xuntos todo é mellor.

Distribuir contido


by Dr. Radut