Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Iniciando Proxecto E-DIXGAL!

 

  O CEIP Fontes Baíña pon en marcha o LIBRO DIXITAL por primeira vez. O centro foi integrado no proxecto E-DIXGAL este curso escolar 2020-2021.

As alumnas e os alumnos de 5º de Educación Primaria comezan a desenvolver a súa actividade educativa nun entorno virtual de aprendizaxe, que lles permite acceder a contidos dixitais.

 

 

ALUMNAS E ALUMNOS DE 5º EP COA SÚA TITORA MIRIAM.

Os BOLECHAS chaman ao 112

 

OS ALUMNOS/AS DE TERCEIRO DE EDUCACIÓN PRIMARIA RECIBIRON A BRAULIO QUE NOS CONTOU A IMPORTANCIA DE SABER DIFERENCIAR CANDO TEMOS UNHA URXENCIA E PRECISAMOS ASISTENCIA INMEDIATA E CANDO NON. GRAZAS POR ENSINARNOS O CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN A EMERXENCIAS 112 SANITARIAS DE GALICA.

 

APERTURA DO PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DE NOVAS/OS ALUMNAS/OS PARA O CURSO 2020-2021

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

DO 1 AO 10 DE XULLO.

Horario: de 9:00 a 14:00

DOCUMENTACIÓN NECESARIA EN ARQUIVOS ADXUNTOS:

  1. ANEXO III
  2. SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR E OPTATIVAS
  3. DOCUMENTACIÓN A APORTAR

Agardámosvos!

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020/2021

Esta é a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2020/2021, para o alumnado de Primaria.

O alumnado de 5º de primaria este ano comezará a traballar co libro dixital dentro da plataforma EVA, xa que nos concederon o proxecto E-Dixgal.

LETRAS GALEGAS "Ferrol 1916"

Letras Galegas "Ferrol 1916"

Déixovos a estrea absoluta de “Ferrol 1916”, unha composición de Miguel Brotóns sobre o poema homónimo de Ricardo Carvalho Calero, interpretada polo pianista Alejo Amoedo Portela e a soprano Patricia Rodríguez Rico. Brotóns quixo transmitir “baixo unha estética musical de corte neoclásico e posromántico con pinceladas de nostalxia, agarimo e tenrura, os recordos pretéritos do paraíso perdido da infancia do poeta vividos na súa cidade natal de Ferrol”

 

LETRAS GALEGAS 2020

LETRAS GALEGAS 2020

O 17 de maio festexamos o día das Letras Galegas, celebración que este ano está adicada a Ricardo Carvalho Calero. Debido á crise do coronavirus, este ano de forma inédita a homenaxe será trasladada ao 31 de outubro.

Dende o centro, poñemos a vosa disposición recursos para que coñezades máis de cerca a este filólogo, escritor e profesor. Animádevos a realizar alguna das actividades propostas que podedes enviar ao seguinte enderezo de correo electrónico:  dinamizacionfontes@gmail.com

 

Ademáis, neste día tan especial para a comunidade educativa as mestras do cole quixemos ler para todos e todas vós o relato “As pitas baixo a choiva” publicado por Ricardo Carvalho Calero na revista arxentina Lar en 1952.  

CLICA NA IMAXE

 

 

Xincana de superheroes- alumnado IES 1º De Marzo

O alumnado de Animación Sociocultural do IES 1º De Marzo transformouse en...

Black panther, Scarlet Witch, Ben ten, Súper girl, Venom, Loky, Chico percebe, Tritón man, Flash e Mera !!!

Deseñaron unha xincana de xogos cos seus poderes máxicos e feitizos: bingo musical, procura de simbiontes, búsqueda de tesouros... Xogaron con todo o alumnado de Educación Primaria e xa estamos desexando que volvan!

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Superheroes IES 1º De Marzo!

Alumnado de animación sociocultural do IES 1º de marzo

O alumnado de animación sociocultural do IES 1º DE MARZO, acompañados pola súa mestra Nuria, o 9 de febreiro acudiron ao noso centro educativo para realizar un obradorio de maquillaxe.

Moitísimas GRAZAS pola vosa axuda e organización. Agardavos un futuro laboral excelente!

Bádminton

A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para ou Deporte puxo en marcha o programa XOGADE,  os Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar.

O programa XOGADE combina o programa deportivo e competitivo (escolar e federado) cun programa lúdico e participativo para os escolares dos centros educativos de toda Galicia. Este é o camiño que segue a Secretaría Xeral para o Deporte cara a un deporte humanista, educativo e saudable. O alumnado de 3º curso de educación primaria asistiu a 3 sesións de bádminton moi divertdas, podedes velas no seguinte álbum.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Bádminton

Visita ao centro adscrito: IES PRIMEIRO DE MARZO

As alumnas e alumnos de 6ºcurso de Educación Primaria esta mañá visitaron o IES 1º DE MARZO. Tendo en conta a proximidade ao noso centro acudimos andando. Nesta visita tamén nos acompañou o alumnado dos coles de Sabarís e Oia. Compartimos o recreo co alumnado do instituto e merendamos todos xuntos no anfiteatro.

AS mestras e mestres do instituto faláronnos do ben que funciona a aula de igualdade e o programa que seguen para a promoción do BO TRATO entre o alumnado. Coñecemos a aula de tecnoloxía, o laboratorio e a aula de ciencias, entre outros, explicáronnos os estudos que fan de areas, rochas e minerais. Convidáronnos a participar na vida do centro mediante os clubs de lectura, o club de ciencia e os comandos de igualdade, entre moitos outros proxectos que desenvolven. Ademais teñen radio e funciona xenial! 

Tivemos unha moi boa acollida por parte de Ana, a Orientadora, Nuria, a codirectora e todo o profesorado!

Chegamos esgotados/as pola subida camiñando pero contentos/as!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut