Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Letras Galegas 2024

O pasado xoves 16 de maio, tivemos a oportunidade de desfutar no noso centro do concerto que ofreceu o grupo Ardelume con motivo do Día das Letras Galegas.

Puidemos escoitar, entre outros, ritmos de mazurca, pasodobre e, como non, a canción sobre a homenaxeada deste ano, Luisa Villalta, composta polo mestre Samuel Soto Macía.

Moitas grazas pola vosa música!!

Álbum: Sen categoría -> Letras galegas

FONDO SOLIDARIO e AXUDAS 2024-2025

A Xunta abre o prazo para solicitar as seguintes AXUDAS:

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO:

Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2024/2025 cursen 1º e 2º de Educación Primaria.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR:

Destinatarios: alumnos que o vindeiro curso 2024/2025 cursen Educación Primaria.

FONDO SOLIDARIO (banco de libros):

Destinatarios: alumnado que o vindeiro curso 2024/2025 cursen 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O alumnado que foi beneficiario este curso do fondo de libros deberán devolver os libros  antes do 21 de xuño seguindo as indicacións da titora. De non ser así perdería o dereito a estas axudas.

 

O alumnado de 6º Educación Primaria adscrito ao IES 1º DE MARZO ten que presentar a solicitude na secretaría do instituto.

 

preme na imaxe para ler a forma de presentación de solicitudes:

 

Arquivos adxuntos para ler e descargar:

 

 

Visita a Baiona 5º EP

O xoves 9 de maio, o alumnado de 5º de Primaria fomos ao centro da vila de Baiona. 

En primeiro lugar visitamos a Casa do Concello, onde guiados pola concelleira Nuria Leyenda fomos percorrendo as disintas dependencias. Tamén tivemos a ocasión de falar con distintos traballadores/as, facerlle unha entrevista ao Alcalde e, como sorpresa final, puidemos subir a torre para apreciar as marabillosas vistas da nosa vila.

A continuación fomos a "Carabela Pinta" e a Casa da Navegación. Nestes dous sitios puidemos coñecer máis sobre a historia de Baiona.

Por último, rematamos a mañá descansando no Parque da Palma.

Podedes ver algunhas fotos a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Baiona 5º EP

Casa Museo Rosalía de Castro

O 7 de maio as aulas de 3º, 4º e 5º de Primaria fomos a Padrón. 

Alí realizamos unha visita guiada pola Casa Museo de Rosalía de Castro. Puidemos coñecer datos sobre a súa vida e a súa familia que descoñeciamos.

Ao rematar fomos ata o Xardín Botánico-Artístico de Padrón onde puidemos merendar, ver disitntas especies vexetais e tamén xogar un pouco.

Podedes ver as imaxes da nosa mañá a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Casa museo Rosalía de Castro

Visita Eroski

As aulas de 3º e 4º de Primaria baixamos ata Baiona, onde visitamos o supermercado Eroski.

Alí explicáronnos como traballan e realizamos diversas actividades.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Eroski 3º e 4º EP

Nautilus e Hidra Segundo

O pasado mes de abril o alumnado de 3º e 4º de E.Primaria tiveron a ocasión de visitar o observatorio submarino "Nautilus", onde puideron ver o fondo da ría de Vigo.

Ao rematar foron ao barco de vapor "Hidria Segundo".

A continuación podedes ver algunhas das fotos do seu día na "Cidade olívica".

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Nautilus 3º e 4º EP

Visita ao IES 1º De Marzo

O alumnado de 6º EP visitou o IES 1º de Marzo xunto cos compañeiros/as do CEP de Sabarís e Oia. Coñecemos algúns espazos e profes, o club de ciencias, o club de lectura, o comando de igualdade, a aula de tecnoloxía...

A continuación podedes ver algunhas fotos! En adxunto tedes a presentación enviada pola orientadora do IES!

Álbum: *Curso 2023-2024* -> visita ao IES 1º Marzo 2024

Está soando...

Canción Biblú

Para rematar a conmemoración da Semana do Libro, realizamos un vídeo musical entre todas e todos. 

Cada aula inventou unha parte da letra da canción e unha coreografía.

Podedes ver o resultado da que xa é a nosa canción da Biblioteca Creativa clicando na imaxe.

 

2 de maio, día internacional contra o acoso escolar

O CEIP Fontes Baíña esta mañá conectouse a youtube para ver o estreo do videoclip XERACIÓN ALPHA, canción composta polo alumno ANXO SOTELO do CEIP de Belesar. O compañeiro de 11 anos compuxo esta canción para dar a coñecer o seu sentimento cara o acoso escolar. Forma parte dunha mini banda chamada 42ºN.

Podes ver o videoclip oficial no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=1MsBmCJGXp8

A federación das ANPAS do Val Miñor da unha charla no centro neutral de Gondomar, local 18 o próximo xoves 09/05 ás 17:30h, inscrición previa no seguinte enlace:

https://favalmi.org/formacion-sobre-o-acoso-escolar/

Para ler a carta clica no adxunto

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut