Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Visita ao centro adscrito: IES PRIMEIRO DE MARZO

As alumnas e alumnos de 6ºcurso de Educación Primaria esta mañá visitaron o IES 1º DE MARZO. Tendo en conta a proximidade ao noso centro acudimos andando. Nesta visita tamén nos acompañou o alumnado dos coles de Sabarís e Oia. Compartimos o recreo co alumnado do instituto e merendamos todos xuntos no anfiteatro.

AS mestras e mestres do instituto faláronnos do ben que funciona a aula de igualdade e o programa que seguen para a promoción do BO TRATO entre o alumnado. Coñecemos a aula de tecnoloxía, o laboratorio e a aula de ciencias, entre outros, explicáronnos os estudos que fan de areas, rochas e minerais. Convidáronnos a participar na vida do centro mediante os clubs de lectura, o club de ciencia e os comandos de igualdade, entre moitos outros proxectos que desenvolven. Ademais teñen radio e funciona xenial! 

Tivemos unha moi boa acollida por parte de Ana, a Orientadora, Nuria, a codirectora e todo o profesorado!

Chegamos esgotados/as pola subida camiñando pero contentos/as!

 

 

 



page | by Dr. Radut