Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

COÑECE O NOSO COLE.

SORPRENDE AOS NENOS E NENAS PARA QUE QUEIRAN APRENDER, DESCUBRIR, INVESTIGAR, SENTIR.... PERO SOBRE TODO SER.... FAI CLIC NO ENLACE E PODERÁS VER UNHA PEQUENIÑA PARTE DE NOS...

https://view.genial.ly/60368da322f12e0dabcdc607

SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2021-2022

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN:

DO 1 AO 22 DE MARZO DO 2021

A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN QUE SE PRECISA ACHEGÁMOLA EN ARQUIVOS ADXUNTOS.

SE A SITUACIÓN SANITARIA O PERMITE REALIZAREMOS XORNADA DE PORTAS ABERTAS!

ESTASE A REALIZAR UN VÍDEO PARA ENSINAR AS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL ASÍ COMA O MÉTODO DE TRABALLO, ESTADE ATENTAS/OS Á WEB DO CEIP!

ENTROIDO 2021

Estimadas familias:

A continuación podedes desfrutar do desfile do entroido e da coreografía final!!

Apertas.

 

DESFILE ENTROIDO

 

 

 

BAILE "VIVIR MI VIDA"

 

E N T R O I D O * 2 0 2 1*

Estimadas familas:

Neste entroido non poidemos contar coa voa presenza,tocounos un entroido diferente pero alegre e cheo de hábitos saudables!!!

Grazas á profe de música por amenizarnos a xornada entroideira coa súa coreografía!

Grazas ás mestras/es polo seu traballo incondicional!

Achegamos o álbum coas fotos, o vídeo grupal subirémolo o xoves!

Apertas!

Álbum: Curso 2020-2021 -> ENTROIDO 2021

ENTROIDO: O MECO MANDA...

 

PARA MAÑÁ XOVES,

MULLERES E HOMES

QUE TRABALLAN CONTENTOS

PARA DARNOS ALIMENTOS.

MAÑÁ MÉRCORES

TODOS DEPORTISTAS 

E A CORRER POLAS PISTAS!! 

SEGUE O MEU CONSELLO.

O LUNS, CON OU SEN SOL,

LENTES DEBES TRAER

PARA OS OLLOS PROTEXER.

 

MANDATO PARA O MARTES:

ESTE VIRUS CÓMPRE VENCER;

MAÑÁ UN CIENTÍFICO/A

DEBES PARECER !!!

 

 

Día da paz

DÍA DA PAZ 2021

A VACINA DO BO TRATO!!

Como cada ano, o 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz e da non violencia. Durante estes días todos os alumnos e as alumnas do cole atoparon un virus que dificulta a nosa convivencia; trátase do MALTRATAVIRUS.

A boa noticia é que entre todos os nenos e nenas atoparon unha vacina, a VACINA DO BO TRATO! Os principios activos desta vacina son o amor, o cariño, o respecto, a educación, a amabalidade, a amizade, a igualdade...Esperamos que con esta vacina protexamos a todo o noso entorno.

 

 

 

 

 

 

  

INSTALANDO O INVERNO...!

 

Hoxe a profe Azu sorprendeu ás nenas e aos nenos da súa aula (4ºde Educación Infantil) cunha proposta SúperMegaDivertida:

A INSTALACIÓN DO INVERNO !!!

 

CÓIDATE-CÓIDAME !!!

En nome de tódolas mestras e mestres que formamos parte do CEIP Fontes Baíña e dende a porta da nosa BIBLIOTECA ESCOLAR desexamos que pasedes un NADAL cheo de SAÚDE e FELICIDADE!

FELIZ 2021!!!

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Neste día, as nenas e os nenos de 6º curso de Educacion Primaria conmemoraron o 25 de NOVEMBRO, día internacional CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA, tema moi relevante no que aínda é preciso concienciarse. Fixeron carteis reivindicativos e analizaron as letras de cancións do momento como HAWÁI  de Maluma e a súa resposta de  Beatriz Luengo. Tamén se animaron a cantala!

SE QUERES ESCOITALOS PREME NAS IMAXES!

      

Ademais, hoxe, leron un MANIFESTO FEITO POR TODA A CLASE en contra da violencia de xénero.  Este manifesto foi lido por TAIS e BELTRAN en representación de todas/os as nenas e nenos do colexio nun acto organizado pola Concellería de Igualdade na praza do concello de Baiona.

SE QUERES ESCOITALO E VELO PREME NA IMAXE

 

 

POR FAVOR NON CALES, CONTAO!

DIA DOS DEREITOS DA INFANCIA

DIA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O día 20 de novembro conmemórase o día dos DEREITOS DA INFANCIA. As alumnas e os alumnos do cole traballaron con moita ilusión durante estes días para lembrarnos cales son os dereitos de todos os nenos e nenas.

A canción que se escoita durante o vídeo é Sky full of stars de Coldplay. Cada neno e cada nena son como estrelas que brillan no ceo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut