Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

blogue deevareinaldo

Actuacións de Nadal

Neste Nadal non podemos esquecernos da MÚSICA, que nos emociona e nos achega á maxia propia destas festas.

O alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria interpreta a panxoliña "Snowflake" xunto coas nenas e nenos de Ed. Infantil. Grazas por emocionarnos coas súas fermosas voces!!

Os alumnos e alumnas de 6º de Ed. Primaria acompañan con percusión corporal a famosa "Marcha Radetzky" de Johann Strauss. Noraboa polo voso entusiamo e actitude!!

 

BOAS FESTAS e FELIZ ANO 2023

  

LETRAS GALEGAS 2021

LETRAS GALEGAS 2021

Hoxe 17 de maio festexamos o Día das Letras Galegas. Este ano a autora homenaxeada é Xela Arias e tódolos nenos e nenas do cole realizaron unha actividade que consistiu en atopar novas palabras na nosa lingua a través dos poemas e textos da autora. Agunhas das palabras que aprendimos foron: REXO, ALUSTRE, FRAGA, PUNTILLÓN, COMPADECIDA e MOZOS.

Ademáis, as nenas e os nenos de 5º de Ed. Primaria realizaron unha presentación de Xela Arias para o alumnado de Infantil.

Bo Dia das Letras a todos e todas!!!

 

 

 

24 DE FBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

Como cada ano, o 24 de febreiro celebramos o día do nacemento de Rosalía de Castro. No seguinte vídeo recóllese o traballo de todo o noso alumnado para festexar esta importante data!!!

 

ENTROIDO 2021

Estimadas familias:

A continuación podedes desfrutar do desfile do entroido e da coreografía final!!

Apertas.

 

DESFILE ENTROIDO

 

 

 

BAILE "VIVIR MI VIDA"

 

Día da paz

DÍA DA PAZ 2021

A VACINA DO BO TRATO!!

Como cada ano, o 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz e da non violencia. Durante estes días todos os alumnos e as alumnas do cole atoparon un virus que dificulta a nosa convivencia; trátase do MALTRATAVIRUS.

A boa noticia é que entre todos os nenos e nenas atoparon unha vacina, a VACINA DO BO TRATO! Os principios activos desta vacina son o amor, o cariño, o respecto, a educación, a amabalidade, a amizade, a igualdade...Esperamos que con esta vacina protexamos a todo o noso entorno.

 

 

 

 

 

 

  

DIA DOS DEREITOS DA INFANCIA

DIA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O día 20 de novembro conmemórase o día dos DEREITOS DA INFANCIA. As alumnas e os alumnos do cole traballaron con moita ilusión durante estes días para lembrarnos cales son os dereitos de todos os nenos e nenas.

A canción que se escoita durante o vídeo é Sky full of stars de Coldplay. Cada neno e cada nena son como estrelas que brillan no ceo.

 

 

Exposición de cabazas Samaín 2020

Exposición de cabazas Samaín 2020!!

Como cado ano, non podía faltar a tradicional exposición de cabazas que nesta ocasión viñeron moi ben protexidas. Quedamos abraiados cos resultados, que alumnas e alumnos tan creativos temos!!! Noraboa a todos e a todas polos resultados!!!

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut