Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2021/2022

Estimadas familias:

O xoves 20 de maio publicouse no DOG a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/2022. Na seguinte ligazón poden acceder á orde:

 ORDE do 6 de maio de 2021

O prazo para a presentación de solicitudes abrangue dende o día 21 de maio ata o 22 de xuño do presente ano. Para as persoas solicitantes que dispoñan de certificado dixital ou Chave365, o 21 de maio activouse a presentación de solicitudes mediante Sede Electrónica. Ligazóns para a tramitación en liña:

 FORMAS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Sede Electrónica

Aplicación FondoLibros

Descargar impreso ED330B

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

-IMPRESO DE SOLICITUDE DEBIDAMENTE CUMPRIMENTADO (ANEXOS I e II)

-COPIA COMPLETA DO LIBRO DE FAMILIA. SE ESTE NON REFLICTE A SITUACIÓN A 31/12/19:

  • FOTOCOPIA DA SENTENZA XUDICIAL DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO
  • DOCUMENTO LEGAL QUE ACREDITE A SITUACIÓN CORRESPONDENTE (EN CASO DE NON ENTREGAR ESTA DOCUMENTACIÓN, TERASE EN CONTA A INFORMACIÓN REFLECTIDA NO LIBRO DE FAMILIA)

 O alumnado de 5o e 6o de EP queda excluído do Fondo Solidario de libros de texto por participar no proxecto E-DIXGAL (libro dixital)

Lembramos que as/os alumnas/os de 6º de primaria dispoñen do mesmo prazo e deben realizar a presentación das solicitudes no centro de educación secundaria no que solicitaron a reserva de praza para o vindeiro curso 2021/2022.

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2021

Co gallo das Letras galegas 2021 a Asociación Cultural e Social de Baíña organizou un concurso de debuxo inspirado na obra de CAÍNO.

O sábado 15/05 ás 12:00 h no pavillón do colexio, seguindo as medidas de hixiene e seguridade, realizouse un fermoso acto coas seguintes actuacións:

 

  • Exposición dos debuxos realizados polos nosos/as alumnos/as
  • Actuación do grupo de integración ARDELUME.
  • Presentación da canción adicada a XELA ARIAS por SAMUEL SOTO con Ardelume.
  • Presentación do libro de CAÍNO VASCONCELLOS: "Os ollos no tempo", por Anxo Lemos.
  • Entrega de premios aos mellores 8 debuxos:

 

1º premio: MARÍA  CRUZ ESTÉVEZ MARCOTE - VECIÑA de BAÍÑA

2º premio: IRIA VILA ÁLVAREZ - 2º EP

3º premio: TAIS BLACH RODRÍGUEZ - 6º EP

4º premio: UXÍA RODRÍGUEZ ANDRÉ - 6º EP

5º premio: CARMEN PÉREZ DA CUÑA - 5º EP

6º premio JULIA MUÑOZ SILVA - 6º INFANTIL

7º premio: ALEIX LORENZO VILA - 4º EP

8º premio: MIGUEL GIL GONZÁLEZ- 1º EP

 

Noraboa a todos a e a todas: participantes e premiados!!

Grazas á Asociación Cultural e Social de Baíña, a Caíno, Anxo Lemos, Samuel Soto, Ardelume, Baíña en rede, Concello de Baiona, alumnado e familias! 

É un orgullo para o CEIP abrir as portas ao ARTE e á CULTURA de Baiona.

 

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> CONCURSO LETRAS GALEGAS 2021

LETRAS GALEGAS 2021

LETRAS GALEGAS 2021

Hoxe 17 de maio festexamos o Día das Letras Galegas. Este ano a autora homenaxeada é Xela Arias e tódolos nenos e nenas do cole realizaron unha actividade que consistiu en atopar novas palabras na nosa lingua a través dos poemas e textos da autora. Agunhas das palabras que aprendimos foron: REXO, ALUSTRE, FRAGA, PUNTILLÓN, COMPADECIDA e MOZOS.

Ademáis, as nenas e os nenos de 5º de Ed. Primaria realizaron unha presentación de Xela Arias para o alumnado de Infantil.

Bo Dia das Letras a todos e todas!!!

 

 

 

15 de maio de 2021: DÍA DA FAMILIA

Hoxe conmemórase o Día das FAMILIAS:

Parabéns a todas e a todos, porque cada persoa ten unha familia!

É moi importante saber que todas as familias son xeniais;

non todas as familias son iguais, cada familia é diferente, única e especial!

 

 

BOOKFLIX

Co gallo do día do libro entre tódos os nenos e as nenas do cole eleximos os

LIBROS QUE MÁIS NOS NAMORARON.

Cada aula elexiu coa súa titora o título do libro que máis lles gustou.

Como resultado obtivemos o seguinte

TOP TEN +1 CLÁSICO de libros recomedados:

Somos protagonistas dos nosos LIBROS FAVORITOS!

HOXE 23 de abril, para conmemorar o día do libro, viñemos ao cole caracterizados coa portada do noso libro favorito! Nosas profes fixeron de fotógrafas e reporteiras! Subimos ao escenario para contar por qué nos gusta ou gustou o libro e recomendalo. Apareceron títulos novos que serán añadidos aos fondos da Nosa Biblio!!! As fotos das portadas colgarèmolas no TENDAL DO DíA DO LIBRO, situado na entrada do cole. Agardamos que a situción mellore para que poidades visitalo!

MOITAS GRAZAS A TODAS E A TODOS POR PARTICIPAR!

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> 23 de abril do 2021: DÍA DO LIBRO

"UNHA MILLA Á TÚA SAÚDE"

COMEZAMOS O PLAN PROXECTA:

UNHA MILLA Á TÚA SAÚDE!

Todas e todos ao cole con calzado deportivo!

CLICA NA IMAXE PARA VER OS HORARIOS!

2 de abril: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE AUTISMO

Podo APRENDER.

Podo TRABALLAR.

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> 2 DE ABRIL- DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE AUTISMO

21 de marzo: DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

 

 

O 21 de marzo é o Día Mundial do Síndrome de Down.
Todo o CEIP participamos na campaña de integración: CALCETINS DESPAREXADOS!.
A iniciativa consiste en  cambiar a nosa rutina e vestir CALCETINS DESPAREXADOS. Calcetins como símbolo da campaña pola forma similar á dos cromosomas, facendo alusión ao cromosoma adicional co que nacen as persoas con síndrome de Dowm.
  
Queremos apoiar, dar visibilidade e concienciar para que se cumplan os dereitos destas persoas. Lembrar unha mensaxe moi importante:
TODOS E TODAS SOMOS DIFERENTES e esas diferencias son as que nos enriquecen como sociedade.

 

 
Álbum: Curso 2020-2021 -> CALCETINS DESPAREXADOS POLO 21 M

24 DE FBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

Como cada ano, o 24 de febreiro celebramos o día do nacemento de Rosalía de Castro. No seguinte vídeo recóllese o traballo de todo o noso alumnado para festexar esta importante data!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut