Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

DESFILE DE ENTROIDO 2023

Afundación 5º e 6º

O luns 30 de xaneiro os grupos de 5º e 6º de Educación Primaria fomos ver unha obra de teatro en inglés titulada: "Wha's monster"

Ao saír do teatro, que se celebrou en Afundación, recorremos algunhas das principais rúas da cidade de Vigo.

Podedes ver as fotos da nosa mañá a continuación.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Afundación 5º e 6º

Visita a Santiago de Compostela

O martes 10 de xaneiro as clases de 5º e de Educación Primaria fomos de excursión a Santiago de Compostela.

Visitamos a Xunta de Galicia, o Parlamento e a Cidade da Cultura.

Podedes ver unha mostra da nosa mañá no seguinte álbum.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Xunta e Parlamento 5º e 6º

RESERVA DE PRAZA CENTRO ADSCRITO (IES 1º DE MARZO)

Estimadas familias:

Hoxe comeza o prazo de presentación de solicitudes no centro educativo de orixe (CEIP FONTES BAÍÑA) para a reserva de praza no centro de adscrición (IES 1º DE MARZO).

A solicitude de reserva tedes que entregala no CEIP de orixe (FONTES BAÍÑA). Tedes de prazo ata o 6 de febreiro.

Podedes cumplimentar as solicitudes de reserva de 2 xeitos:

  • De xeito manual (empregando o formulario en papel que se achega en arquivos adxuntos).
  • A través da aplicación: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

                                                    Solicitudes>Reserva>Crear

As dúbidas serán resoltas polo CEIP.

BO NADAL e FELIZ 2023 a toda a Comunidade Educativa!

Actuacións de Nadal

Neste Nadal non podemos esquecernos da MÚSICA, que nos emociona e nos achega á maxia propia destas festas.

O alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria interpreta a panxoliña "Snowflake" xunto coas nenas e nenos de Ed. Infantil. Grazas por emocionarnos coas súas fermosas voces!!

Os alumnos e alumnas de 6º de Ed. Primaria acompañan con percusión corporal a famosa "Marcha Radetzky" de Johann Strauss. Noraboa polo voso entusiamo e actitude!!

 

BOAS FESTAS e FELIZ ANO 2023

  

Saída fin de trimestre!

O 22 de decembro despedimos o 1º trimestre cunha saída ao cine de Vialia-Vigo!

MUNDO EXTRAÑO na sala junior para Educación Infantil e 1º de Educación Primaria 

O GATO CON BOTAS +palomitas para 2º,3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria.

;)

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> CINE

Visita PAPÁ NOEL!

Grazas á nosa ANPA e ao concello por traer a PAPÁ NOEL ao noso CEIP!

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Visita Papá Noel 2022

Qué lle pides ó teu concello polo Nadal?

O alumnado de 2º de Educación Primaria acudiu ao mercado de Sabarís convidado polo concello de Baiona para realizar un  mural colaborativo e moi creativo

con NOELIA E RAMÓN de

 

IDENTIDAD VISUAL & ILUSTRACIÓN 

QUÉ LLE PIDES Ó TEU CONCELLO POLO NADAL?

As propostas dos nosos alumnos/as para mellorar o concello foron as seguintes:

un comedor social con horta e galiñeiro para ter comida todo o ano, un photocall móbil, placas solares para iluminar rúas, coles e outros edificios, un mercado de Nadal con chocolate quente, queixo e moitas luces de Nadal para Baredo e Baíña! 

Todas estas ideas convertéronse en papel! 

En arquivos adxuntos podedes descargar o pdf agasallo de Papelier: un recortable para que os nenos e nenas poidan colorear, plegar e montar un teatrillo navideño.

No seguinte enlace podedes ver o vídeo do resultado final coas propostas de todos os colexios participantes na actividade. 

 https://www.youtube.com/watch?v=ldszU3OmvAo

Álbum: Curso 2022-2023 -> Qué lle pides ao concello polo Nadal?

SEMANA DA CIENCIA

Pola Semana da Ciencia, convertímonos en CIENTÍFICAS e CIÉNTIFICOS.

Podedes ver algunhas imaxes sobre os experimentos realizados.

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Semana da Ciencia
Distribuir contido


by Dr. Radut